Saltar ao contido

Linguas quechuas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quechua»)
Quechua
Kechua / Runa Simi
Falado en: Andes centrais: o Perú, Bolivia, Colombia, Ecuador, Chile e a Arxentina
Total de falantes: 8 900 000 (2007)
Familia: Unhas das familias lingüísticas primarias
 Quechua
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: O Perú, Ecuador e Bolivia
Códigos de lingua
ISO 639-1: qu
ISO 639-2: que, qwe
ISO 639-3: que
Mapa
Status

O quechua está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O quechua,[2] tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas indíxenas faladas polo pobo quechua, o cal habita principalmente nos Andes do Perú.[3] Derivada dunha lingua ancestral común, é a familia de linguas precolombianas máis falada das Américas, cun estimado de 8-10 millóns de falantes en 2004.[4] Aproximadamente o 25% (7,7 millóns) dos peruanos falan unha lingua quechua.[5][6] Quizais sexa máis coñecido por ser a principal familia lingüística do Imperio Inca. Os españois fomentaron o seu uso ata a loita peruana pola independencia da década de 1780. Como resultado, as variantes do quechua aínda son moi faladas no presente, sendo a lingua cooficial de moitas rexións e a segunda familia lingüística máis falada do Perú.

Características

[editar | editar a fonte]

Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.

A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quechua.
  3. "Quechua language, alphabet and pronunciation". www.omniglot.com. Consultado o 2017-07-26. 
  4. Adelaar 2004, pp. 167–168, 255.
  5. "Peru | Languages". Ethnologue. Dallas, Texas: SIL International. 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. Population total all languages: 7,734,620. 
  6. "Peru | Country". Ethnologue (Dallas, Texas: SIL International). 2017. Consultado o 30 de novembro de 2017. Population 30,814,000 (2014 UNSD) 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]