Portal da Historia
Este portal reúne os artigos de temática histórica disponíbeis na Galipedia, a Wikipedia en galego. Permite acceder de maneira doada a toda esta información ao tempo que aúna os esforzos dos colaboradores que pretenden mellorar os artigos relacionados con esta área de coñecemento. Actualmente xa temos máis de 30.000 artigos relacionados coa Historia.
editar
Denomínase Imperio español ou Monarquía universal española ó conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América e Oceanía o longo da historia. Tras o Descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século XVI, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.
Alcanzou os 20 millóns de quilómetros cadrados a finais do século XVIII, aínda que a súa máxima expansión produciuse entre os anos 1580 e 1640, durante os reinados de Filipe II, III e IV. Durante os séculos XVI e XVII creou unha estrutura propia, mais non se chamou imperio colonial ata o ano 1768, sendo no século XIX cando adquire estrutura puramente colonial.
O Imperio Español foi o primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abranguía posesións en todos os continentes.
editar
Hidacio, Idácio de Chaves ou Idácio de Límica, foi un cronista, eclesiástico e dirixente da Gallaecia do turbulento século V.
Naceu na comarca da Alta Limia, no seo dunha familia acomodada da civitates (comunidade) dos Lemicos. É moi dificultoso establecer un lugar concreto do nacemento (o núcleo urbano, a Civitas Limicorum, que podería corresponder coa actual Xinzo de Limia, o Castro do Viso ou aínda o lugar de Parada de Ribeira-Ganade, ou ben unha das villae próximas). E máis dificultoso, se cabe, sería establecer a súa data de nacemento, podendo datarse entre os anos 388 e 400 e, tratando de concretar máis, entre o 390 e 392.
Pertencía a unha familia cristiá da baixa aristocracia de orixe galaico-romana vinculada á administración e que ostentaba un poder relacionado coa posesión das terras, unha nobreza pertencente a aquela que axudou a Teodosio I a erguerse no poder.
Artigos con problemas
Marcados como que teñen problemas
- Iconolatría, Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Organización para a Liberación de Palestina, Masacre de Khojali, Socialismo utópico, Margaret Thatcher, Casacas vermellas, Conquista de Navarra, Hispania romana, Historia de México, Historia de Portugal, Historia de Rusia, Historia da arte occidental
Artigos a expandir
Demasiado breves: temática xeral, biografías, biografías de personalidades galegas ou efemérides.
- Batalla de Berlín, Alemaña do Oeste, Asiria, Acadia, Mesopotamia, Batalla de Legnica, Imperio do Xapón, Conferencia de Teherán, Maio do 68, República de Weimar, Revolución cubana, Plan Marshall, Idade da Pedra, Era Meiji, Dinastía Ming, Sun Tzu, Guerra dos Cen Anos, Babilonia, Imperio Austrohúngaro, Batalla de Cannas (216 a.C.), Xacobinismo, Yasser Arafat, Brigadas Internacionais, Sociedade de Nacións, Guerra ruso-xaponesa, Guerra austro-prusiana, Hunos, Pacto de Aceiro, Muro de Berlín, Grande Armée, KGB, Noite dos coitelos longos, Revolución Francesa, Gulag
Artigos solicitados
- Levantamento do gueto de Varsovia, Batalla de Mukden, Yuri Andrópov, Francia de Vichy, Militarismo, Non-violencia, Galicia na Idade Media, Galicia na Restauración Borbónica, Trincheira, Estatuto de Autonomía do País Vasco (1936), Invasión napoleónica de Rusia, Batalla de Austerlitz, Crac do 29, Conflito entre Hamás e Fatah, Santa Alianza, Colonia de Plymouth, Guerra do Pacífico (1937-1945), Operación Barbarroxa, Masacre de Batavia, Atraco ao banco Tiflis de 1907, Revolución de Zanzíbar, Tratado de Devol, Phan Xich Long, Primeira Cruzada, Invasións xaponesas de Corea (1592-1598)
|
|