Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.
O Parlamento escocés (en inglés: Scottish Parliament, en escocés: Pàrlamaid na h-Alba e en scots: Scots Pairlament) é o lexislativounicameral de Escocia. Atópase situado na zona de Holyrood, na cidade de Edimburgo ao remate da Milla real, a principal arteria histórica da capital. Por iso ao parlamento escocés se lle coñece informalmente por Holyrood. Está composto por 129 deputados que se escollen democraticamente cada catro anos por un sistema mixto proporcional e directo, isto é, 73 deputados proceden da elección de 73 circunscricións e 56 repártense proporcionalmente conforme oito rexións distintas.
Logo do referendo escocés de 1997 onde os escoceses apoiaron amplamente a recuperación da institución lexislativa, o actual parlamento estableceuno a Lei de Escocia de 1998, que lle devolve algunhas capacidades a esta nación. Esta lei define tamén as competencias da cámara sinalando explicitamente aqueles asuntos que lle corresponden unicamente xestionalos a Westminster, entre os que se atopan a lei que rexe esta cámara así como a capacidade para aumentarlle ou reducirlle competencias. A primeira sesión do novo parlamento tivo lugar o 12 de maio de 1999.
As illas Shetland son un grupo de illas do océano Atlántico setentrional situadas entres as illas Feroe, ao suroeste de Noruega e Gran Bretaña. Lixeiramente por enriba dos 60ºN de latitude, representan o extremo setentrional do Mar do Norte. Administrativamente constiúen un dos 32 condados de Escocia.
As illas teñen un total de 1469 km², cunha poboación duns 22.000 habitantes, dos cales uns 7.000 viven en Lerwick, a capital.
O clima é húmido e fresco (aínda que suavizado pola influencia da corrente do Golfo). Lerwick acumula 1.140 mm en 181 días de precipitación ao ano. As temperaturas, moi constantes ao longo do ano (debido á latitude) son de 7 °C de media, con 12 °C en xullo e agosto e 3 °C en xaneiro e febreiro.
Despois de seren colonizadas polos escandinavos e formar parte de Noruega durante toda a Idade Media, as illas pasaron á coroa escocesa o 20 de febreiro de 1472. Durante a Segunda Guerra Mundial barcas procedentes das Shetland, coñecidas como "Shetland bus", proporcionaron axuda á Noruega ocupada, e evacuaron fuxitivos.
Como lingua da poboación, o antigo norn foi substituído por un dialecto insular do scots chamado shetlándico, que á súa vez está sendo substituído polo inglés.
Nicola Ferguson Sturgeon, nada o 19 de xullo de 1970, é unha política escocesa que exerce como o quinta e Primeira Ministra de Escocia e dirixente do Partido Nacional Escocés (SNP) dende novembro de 2014. É a primeira muller para ostenta calquera destes postos. Sturgeon foi membro do Parlamento escocés dende 1999, primeiro como un membro adicional para a rexión electoral de Glasgow, entre 1999 e 2007, e como membro para Glasgow Southside dende 2007 (sabido como Glasgow Govan dende 2007 a 2011).
Graduada en dereito pola Universidade de Glasgow, Sturgeon traballou como solicitor en Glasgow. Despois de ser elixida para o Parlamento escocés, exerceu como ministra do SNP para educación, saúde e xustiza. En 2004, anunciou a súa candidatura para o liderado do SNP logo da renuncia de John Swinney. Porén, retirouse da competencia polo posto en favor de Alex Salmond, sendo líder adxunta xunto con Salmond.
...que a zona Sandyhills de Glasgow contiña noutrora dúas minas de carbón, unha fábrica de bloques de escuma e unha fábrica de produtos químicos producindo alcatrán?