Holyrood
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | Cidade de Edimburgo | |||
Holyrood (scots: Halyruid,[1] escocés: Taigh an Ròid)[2] é unha área da cidade de Edimburgo, a capital de Escocia. O nome procede dunha anglización do termo escocés Haly Ruid (Santa Cruz).
Localización
[editar | editar a fonte]Atópase xusto ao leste do centro da cidade, no fondo coa costa da Milla Real, a principal arteria histórica da cidade, que precisamente comunicaba o Castelo de Edimburgo co Palacio de Holyroodhouse, a residencia dos monarcas británicos en Escocia.
Interese
[editar | editar a fonte]Holyrood foi nun tempo unha vila separada do Canongate, o centro histórico de Edimburgo , ata 1856. Na actualidade Holyrood acolle o Palacio de Holyroodhouse, a sede do Parlamento escocés, a abadía de Holyrood e un museo temático científico, especializado en xeoloxía, chamado Our Dynamic Earth. Polo demais, a área está chea de vivendas residenciais e de edificios gobernamentais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Names in Scots - Places in Scotland". scotslanguage.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |