Saltar ao contido

Acad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAcad

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
Capital de
Identificador descritivo
Fuso horario

Acad, Acadia, Accad, Akkad ou Agadé era unha cidade ao norte da Babilonia (actual Iraq), na marxe esquerda do Éufrates entre Asiria e Sumeria, unha das capitais do imperio de Nimrod, segundo unha citación da Biblia (no transcorrer do terceiro milenio a. C.). Acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos XXII e XVIII a. C. como capital do Imperio acadio, antes do ascenso de Babilonia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Os hebreos usaron o nome Akkad, que é a forma semita do antigo nome non semita, Agadé.

O nome non semita Agade significa, probabelmente, coroa (ago) de lume (de), e está ligado a Ishtar, "a deusa brillante", a deusa do amor e da guerra, que é a brillante estrela da mañá e do solpor (Venus).

Parece que Agade non foi un nome dado a unha rexión, e o título "emperador de Sumeria e de Agade" significaba a pretensión de reinar sobre as partes norte e sur de Babilonia.

O lugar exacto no que se localizaba Acad non foi aínda identificado. Os primeiros rexistros escritos acadios datan do tempo de Sargón, no século XXIII a. C., quen conquistou as cidades sumerias e construíu un auténtico imperio dende o mar Mediterráneo ata Anatolia, formando un dos primeiros imperios que se estableceu no Medio Oriente. Sargón coñeceuse no seu tempo como o rei dos catro recantos da Terra, en alusión ás "catro cidades" bíblicas (Agade, Babel, Erech e Calneh), e en recoñecimento ao éxito na unificación mesopotámica.

Os gutis foron os responsábeis da fin do imperio sumerio-acadiano, por volta de 2180 a. C., cando invadiron Agade procedentes dos Montes Zagros.

Entre as características culturais de Agade, cítanse o uso da escrita cuneiforme e a presenza dos cigurats, pirámides en chanzos con fins relixiosas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.