Século -XXIII
Aparencia
século XXIV adC < século XXIII adC > século XXII adC
O século XXIII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2300 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2201 a.C.
Acontecementos relevantes
[editar | editar a fonte]- 2334 a.C. - 2279 a.C.: (cronoloxía breve) conquista de Sargón de Acad de Mesopotamia.
- 2300 a.C.: esplendor de Troia (na actual Turquía).
- 2300 a.C.: no norte de Europa comezan a empregarse metais.
- 2300 a.C.: comeza a Cultura Unetice na actual República Checa.
- 2300 a.C.: os acadios abandonan a súa escritura descoñecida e adoptan a cuneiforme dos sumerios conquistado antes.
- 2300 a.C.: na Península Ibérica desenvólvese a Calcolítico completo: a Cultura do vaso campaniforme.[1]
- c. 2300 a.C.: Civilización do val do Indo (Harappan) florece no actual leste do actual Paquistán e oeste da India.
- c. 2300 a.C.: créase a canle Bahr Yusuf (nome actual) cando a vía fluvial do Nilo ata o lago natural (agora Lago Moeris) é ensanchada e afondada para crear unha canle.
- c. 2300 a.C. - 2200 a.C.: "Cabeza dun home de Nínive" (moderno Kuyunjik, Iraq). Agora atópase no Museo de Iraq, Bagdad.
- c. 2300 a.C. - 2184 a.C.: faise o disco de Enheduanna, de Ur, (moderno Muqaiyir, Iraq). Agora está no Museo da Arqueoloxía e Antropoloxía da Universidade de Pensilvania, Universidade de Pensilvania, Filadelfia.
- c. 2288 a.C.: escúlpese "A raíña Merye-ankhnes e o seu fillo Pepi II", VI dinastía exipcia. A estatuíña de alabastro atópase agora no Museo de Arte de Brooklyn, Nova York.
- c. 2285 a.C.: nace Enheduanna, gran sacerdotisa do deus da lúa Nanna en Ur.
- c. 2278 a.C.: (probablemente) o faraón Pepi II comeza a gobernar.
- c. 2254 a.C. - 2218 a.C.: faise a estela de Naram-Sin, probablemente de Sippar, descuberta en Susa (moderna Shush, Irán). Agora está no Musée du Louvre, París.
- c. 2250 a.C.: comezo da etapa Meghalayan, a última das tres etapas do Holoceno.[2][3]
- c. 2250 a.C.: primeiras probas de cultivo de millo en Centroamérica.
- c. 2240 a.C.: Acad, capital do Imperio acadio, convértese na cidade máis grande do mundo, superando a Menfis, capital do Exipto.[4]
- 2222 ou 2221 a.C.: na provincia de Shanxi (China), a uns 200 km ao noroeste da actual cidade de Xian, rexistrase un terremoto de 5,5 graos na escala de Richter. Descoñécese o número de vítimas.
- c. 2220 a.C.: nas Shetland, Escocia, establécese a granxa Scord of Brouster.
- c. 2220 a.C.: o volcán monte Edgecumbe (Alasca) rntra en erupción preto da actual Sitka, Alasca.
- 2218 a.C.: no actual Iraq, a tribo dos gutis conquista Acad.
- c. 2215 xullo a.C.: o Cometa Hale-Bopp visita o sistema solar interior e non volvería ata o ano 1997 d.C..
- 2205 a.C.: na China comeza a dinastía Xia.
- 2200 a.C.: en Bubastis <!- 29,7 31,6-> (actual Tell Basta, en Exipto) hai un terremoto con corremento de terra (descuberto e datado por análises arqueolóxicas).
Personaxes relevantes
[editar | editar a fonte]- Sargón de Acad, fundador do Imperio acadiano e o primeiro construtor do imperio na historia rexistrada
- 2279 a.C.: morre o rei Sargón I (n. 2334 a.C., segundo a cronoloxía mesopotámica).
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Páx. 144 de «La España de Altamira», en Historia de España 1. Historia 16 (Temas de hoy), 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa).
- ↑ "ICS chart containing the Quaternary and Cambrian GSSPs and new stages (v 2018/07) is now released!". Consultado o 1 de febreiro de 2019.
- ↑ Conners, Deanna (18
de setembro de 2018). "Welcome to the Meghalayan age". Consultado o 1 de febreiro de 2019. Carácter salto de liña en
|date=
na posición 4 (Axuda) - ↑ Rosenberg, Matt T. "Largest Cities Through History". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 2009-11-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XXIII |