Saltar ao contido

Maria Quintans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Quintans
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 2024 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Hospital de São José, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaneurisma cerebral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, dramaturga, editora literaria Editar o valor en Wikidata

Maria Quintans, nada en Lisboa en 1955[1] e finada ibídem o 15 de xuño de 2024, foi unha poeta e dramaturga portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi unha das fundadoras da Revista Inútil, onde colaborou como directora editorial.[1] Tamén estivo envolta na fundación das empresas Hariemuj Editora, Cama de Gato Editora e Edições Guilhotina,[2] onde traballou como editora.[3]

Publicou as obras de poesía Apoplexia da Ideia en 2008, Chama-me Constança en 2010, O Silêncio en 2013, A Pata da Cabra en 2014, Décimo Terceiro Andamento & Chama-me Constança en 2015 e Se me empurrares eu vou en 2019, sendo esta última a súa estrea na editorial Assírio & Alvim.[4] Alén diso, varios dos seus poemas foron recompilados en revistas e libros portugueses, brasileiros e españois.[4]

A súa primeira obra de dramaturxia foi o monólogo Décimo Terceiro Andamento, en 2015, e no ano seguinte escrebiu a peza infanto-xuvenil Este Não Sou Eu.[1] En 2020 editou as pezas A Síndrome da Culpa e Os Demónios Não Gostam de Ar Fresco, esta última baseada no escritor sueco Ingmar Bergman, en cuxas obras Maria Quintans se inspirou ao longo da súa carreira.[4] Ademais, en 2024 fixo unha residencia literaria na illa de Fårö, en Suecia, segundo recomendación da actriz Liv Ullmann, que foi compañeira de Ingmar Bergman.[3] A peza Os Demónios Não Gostam de Ar Fresco foi levada a escena no Teatro São Luiz, en abril de 2024,[2] con dirección de Albano Jerónimo e Cláudia Lucas Chéu, e foi publicada en libro pola editora Húmus.[5]

Faleceu o 15 de xuño de 2024, con 69 anos de idade, no hospital de São José, por mor dun aneurisma cerebral.[6] Logo do seu pasamento, a Ministra de Cultura emitiu unha comunicado, onde salientou a súa carreira como escritora e editora, considerando a Maria Quintans como «interventiva e entusiasta», e realzou a súa «notábel voz poética, quen de chegar a diferentes lectores».[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Agência Lusa (16 de xuño de 2024). "Morreu a poetisa e dramaturga Maria Quintans". Público. Consultado o 18 de xuño de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Goberno de Portugal, ed. (16 de xuño de 2024). "Nota de pesar - Maria Quintans". Consultado o 18 de xuño de 2024. 
  3. 3,0 3,1 Porto Editora (ed.). "Maria Quintans". Consultado o 18 de xuño de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Porto Editora (ed.). "Maria Quintans". Wook. Consultado o 18 de xuño de 2024. 
  5. Agência Lusa (16 de xuño de 2024). "Morreu a poetisa e dramaturga Maria Quintans". Observador. Consultado o 18 de xuño de 2024. 
  6. "Morreu a poetisa e dramaturga Maria Quintans". Rádio Televisão Portuguesa. 16 de xuño de 2024. Consultado o 18 de xuño de 2024.