Saltar ao contido

Maria Raevskaia-Ivanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato (1866)
Paisaxe rural (data descoñecida)

Maria Dmitreyevna Raevskaia-Ivanova (en ucraíno: Марія Дмитрівна Раєвська-Іванова), nada en 1840, preto de Gavrilovka (Gobernación de Khárkiv), e finada en Khárkiv en outubro do 1912, foi unha pintora e profesora de arte ucraína. No ano 1868, converteuse na primeira muller no Imperio Ruso en ser distinguida co título "Artista Libre" pola Academia Imperial de Artes.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de terratenentes e foi educada no fogar. Posteriormente, estudou no estranxeiro compabilizando a formación artística con cursos de etnografía, arqueoloxía, historia da arte e lingüística pasando cinco anos entre Francia, Italia e Dresden.[2]

Regresou ao seu país no ano 1868, superando o exame de "Artista Libre" da Academia Imperial e, o ano seguinte, instalada en Khárkiv, abriu unha escola privada de debuxo e pintura. Nela proporcionaba aloxamento de balde para os estudantes pobres.[3][4][5] No 1872, foi admitida como membro de honra da Academia polos métodos anovadores que empregada na súa tarefa docente, que gañou sona polos premios gañados polos seus alumnos en exposicións.[6]

A escola fundada por Raevskaia-Ivanova estivo 27 anos en funcionamento, formando a uns 900 estudantes, entre eles descatan Serhii Vasylkivsky, Alexei Beketov e Konstantin Pervukhin.[7][4]

A titularidade da escola foi asumida polo concello no ano 1896.[5] No 1912, foi renomeada como Escola de Arte de Khárkiv, un centro satélite da Academia Imperial, baixo a dirección de Alexander Lubimov.[8][9] Durante o período soviético foi convertida nunha escola técnica e na actualidade é denominada Academia Estatal de Deseño e Artes de Khárkiv.

Alén da súa pintura e a docencia, escribiu numerosos panfletos e artigos sobre a instrución da arte, así como un manual, cuxo título pode ser traducido como "O ABC de debuxo para a familia e a escola" (1879).[1]

O seu marido, Sergei Alexandrovich, era tamén profesor empregado polo concello de Khárkiv. O seu fillo, Alexander Sergeyevich, foi enxeñeiro técnico e axudou no deseño varios tipos de locomotoras rusas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Бібліо Містечко". web.archive.org. 2015-07-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 2023-03-30. 
  2. "Бібліо Містечко". web.archive.org. 2015-07-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 2023-03-30. 
  3. Budanova, Natalia (2019). Women Artists to Victims of War – The First Exhibition of the Moscow Union of Women Painters and its Reception by the Contemporary Press. ARTL@S BULLETIN (en inglés) 8. p. 112. 
  4. 4,0 4,1 "Kharkiv State Academy of Design and Fine Arts". ksada.org. Consultado o 2023-03-30. 
  5. 5,0 5,1 Lozhkina, Alisa (2020). PERMANENT REVOLUTION - ART IN UKRAINE, THE 20th TO THE EARLY 21st CENTURY. ArtHuss. p. 55. 
  6. LEITE, Tamires Moura Gonçalves (2019). As estampas de Liubov Popova e Varvara Stepanova e o novo modo de vida soviético. UNIVIERSIDADE DE SÃO PAULO ESCOLA DE ARTES, CIÊNCIAS E HUMANIDADES. p. 26. 
  7. "Бібліо Містечко". web.archive.org. 2015-07-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 2023-03-30. 
  8. Davidich, T.F (2019). "The significance and stylistic features of eclectic objects in the city of Kharkov.". Technical Transactions: 5–22. 
  9. "Kharkiv State Academy of Design and Fine Arts". ksada.org. Consultado o 2023-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]