Mariano Cancio Villaamil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1824 Oviedo, España |
Morte | 28 de xullo de 1894 (69 anos) |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de |
Mariano Cancio Villaamil, nado en Oviedo o 7 de novembro de 1824 e finado en Madrid o 28 de xullo de 1894, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou nas oficinas do Estado como escribente, despois foi oficial de administración e xefe de negociado en 1854. Foi xefe de Administración e publicou o Proxecto de lei xeral de augas, e o Proxecto de regulamento xeral de obras públicas. En 1869 pasou á Dirección de contabilidade do Ministerio de Facenda, en 1871 foi director xeral do Tesouro. En 1876 encargáronlle a organización do Banco Hispano Colonial (1876-1878).
Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1865 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1869. Nas eleccións de abril de 1872 foi elixido polo distrito de Ribadeo. Na Restauración volveu ser elixido deputado polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1876 e 1879.
Obras
[editar | editar a fonte]- Situación económica de la isla de Cuba, 1874.
- Servicios marítimos postales. Necesidad de su desarrollo en España. Memoria leída en la sociedad Unión Ibero-Americana, 1887.