Mariano Casas Gil
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (53/54 anos) Madrid, España |
Mariano Casas Gil, nado en Madrid en 1971, é un artista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar en Barcelona, licenciouse en Belas Artes por Pontevedra (Universidade de Vigo). Mariano Casas é pintor, debuxante de banda deseñada, realizador de curtametraxes e profesor de Educación Plástica e Visual no CPI de Touro dende o 2002-2003. Vive en Santiago de Compostela, onde posúe un estudio aberto ao público.
Ten acadado diversos premios en concursos de pintura, carteis etc. No ano 2008 acadou o prestixioso Premio Castelao de banda deseñada[1]. Tamén practica o audiovisual, con numerosas curtas, algunhas animacións, e o documental 15.000 horas
Mariano Casas é un dos tres fundadores do Movemento Hartista.