Saltar ao contido

Mariano Fernández Cabarcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariano Fernández Cabarcos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata


Mariano Enrique Fernández Cabarcos, nado en Ponferrada o 26 de xaneiro de 1972, é un locutor, técnico de son e empresario galego. É o secretario e coordinador de lexislación da Rede de Medios Comunitarios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito[1] na Universidade da Coruña, na que se incorporou ao Club de Prensa en 1994, dende onde colaborou na publicación A Tarima.[1] En xaneiro de 1995 comenza a codirixir o programa A pé de campus[1], no que o 15 de marzo coñeceu a Tomás Legido.

Vendo que no Campus de Ferrol existía unha emisora universitaria[1] (Radio Kaos), pensaron que a UDC debería ter unha radio que dese voz a todos os estudantes e colectivos, así que o 15 de xuño de 1995 crearon o Colectivo de Universitarios Activos como Asociación Xuvenil, no que Mariano Fernández desempeña diferentes cargos. Este colectivo crearía en 1996 a emisora comunitaria Cuac FM. De todos os fundadores, unicamente[2] Tomás Legido[3] e Mariano Fernández,[1] seguen formando parte activa de Cuac FM.

Participou en diversos programas de Cuac FM, como Mogaespuma (con Nino García), Gold Connection (en solitario) O lado escuro do Corazón (con Tomás Legido), Bugalú (con Tomás Legido) e dende 2003, é locutor e técnico de son en Alegría,[4] (con Tomás Legido e Bea Ulalume) un magazine que informa de temas culturais, sociais e políticos, principalmente referentes á actualidad coruñesa ou galega.

De forma simultánea á súa participación en Cuac FM, tivo seccións fixas sobre a actualidade universitaria en emisoras como Radio Voz ou Radio Coruña - Cadena SER; e dende 2003 a 2009, realizou xunto con Tomás Legido o programa Claves de Carral, na emisora municipal de Carral, Carral Radio. Tamén colaborarou na revista humorística 4 gatos.[1]

En 1999, xunto con Tomás Legido e Antón Lezcano, fundaron[3] a empresa de xestión cultural 10D10.[5]

Participou en diversos encontros de medios comunitarios, participando na creación en 2006 da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias[6] (que aínda non ten personalidade xurídica), e en 2009, da Rede de Medios Comunitarios,[7] na que Mariano Fernández sería Secretario e Coordinador de Lexislación, e da que Cuac FM se convertería na súa sede social.[7] Neste cargo comprometeuse de forma activa coa problemática dos medios comunitarios, contestando[8][9][10] ás acusacións que dende os medios de comunicación comerciais[11][12] fixeron a todas as emisoras de radio sen licenza.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Biografía de Mariano Enrique Fernández Cabarcos Arquivado 04 de setembro de 2010 en Wayback Machine.. Radio en Galicia
  2. La Radio más aficcionada. La Opinión de A Coruña.
  3. 3,0 3,1 Biografía de Tomás Legido Sánchez Arquivado 24 de xuño de 2010 en Wayback Machine.. Radio en Galicia
  4. Blog del programa Alegría Arquivado 15 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. Cuac FM
  5. Web de 10D10
  6. As radios libres galegas mantéñense vizosas e preparan unha coordinadora que facilite o seu traballo. Cultura Galega
  7. 7,0 7,1 Red de Medios Comunitarios en España Arquivado 16 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. Centre for Communication Rights
  8. As emisoras FM ilegais e o dereito a comunicar Arquivado 21 de decembro de 2011 en Wayback Machine.. Radio en Galicia.
  9. "A Don Luis del Olmo" Arquivado 16 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. Alegría (Cuac FM). 12 de enero de 2010.
  10. "Vuelta la burra al trigo" Arquivado 15 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Alegría (Cuac FM). 17 de enero de 2010
  11. "El día que denunciamos en el programa de Luis del Olmo sus prácticas piratas" Arquivado 06 de xullo de 2010 en Wayback Machine.. Radio Enlace. 12 de enero de 2010
  12. Javier González Ferrari: "Es una locura que estén proliferando las radios ilegales". Público. 17 de enero de 2010