Mariano Gómez Ulla
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1877 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 24 de novembro de 1945 ![]() Madrid, España ![]() |
Presidente Consejo General de Colegios oficiales de Médicos | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico militar, médico, cirurxián ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Generale di brigata ![]() |
Conflito | guerra civil española Guerra do Rif guerra de Melilla Primeira guerra mundial ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Mariano Gómez Ulla, nado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 24 de novembro de 1945, foi un cirurxián e militar galego. Presente nos campos de batalla das guerras de África, da guerra civil española, e na I e II guerra mundial, onde desenvolveu unha intensa labor sanitaria. Presidente da Organización Médica Colexial de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado o 6 de novembro de 1877 en Santiago de Compostela, fillo de Ramón Gómez Fernández (médico-cirurxián) e de Dolores Ulla Fociños. No curso 1892-93 iniciou a licenciatura de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, que culminou no 1898-99, obtendo "sobresaliente" no "grado" de licenciado. Máis tarde faise doutor pola Universidade Central de Madrid única en España que concedía ese "grado", para o que presentou a tese doutoral titulada "A desinfección no Exército", cualificada de "sobresaliente".
O ano 1899 Ulla ingresou, por oposición e có nº 1, na Academia de Sanidade Militar da que saíu en xuño de 1900 co emprego de médico 2º (tenente). A partir de entón e a través dos correspondentes ascensos, desempeñou todos os empregos posibles na carreira, ata o supremo de inspector médico de 1ª clase (xeneral de División), que alcanzou en 1943, ano no que, ademais, foi nomeado xefe dos Servizos de Sanidade do Exército.
Foi decisiva intervención a súa intervención nos episodios marroquís de 1909 e de 1921-23, principalmente no segundo deles, onde inaugurou os seus hospitais transportables en mula, logo chamados hospitais Gómez Ulla, que lle permitiron a asistencia inmediata en primeira liña, coa cal reduciu drasticamente a mortalidade dos feridos. Logo, na acción de 1924-25, cuxo punto álxido foi o desembarco de Alhucemas, coordinou a evacuación dos feridos dende os hospitais de campaña aos barcos-hospitais e o seu ulterior traslado á Península. Foi dende 1925 Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII.
Interveu na guerra civil española asistindo as necesidades do Madrid sitiado dende o seu posto no hospital de Carabanchel, e logo no provisional instalado no hotel Palace. Participou activamente na primeira e segunda guerras mundiais, nunha e por indicación expresa do rei Afonso XIII para atender ás necesidades dos prisioneiros alemáns no fronte occidental; e na outra, reorganizando os servizos médico cirúrxicos da División Azul, despregada no fronte de Rusia.
A partir de aquí, súa carreira cobrou un ritmo cada vez máis ascendente, participando activamente nos Congresos nacionais e internacionais de Medicina, nos cales destacou pola súa achega científica en todo o que facía referencia a medicina de guerra.
Paralelamente o Dr. Gómez Ulla exerceu entre 1909-1944, sempre que súas actividades médico-militares llo permitiron, os cargos de inspector provincial de Sanidade, en Madrid e Palencia, e o de médico da Beneficencia Municipal de Madrid. Tivo tamén consulta médico-cirúrxica privada, operando a miles de pacientes, a maioría xente da alta sociedade, en diversos sanatorios de Madrid.
En 1941 nomeárono xefe dos servizos de sanidade militar do Exército Español e en outubro do mesmo ano, presidente da Organización Médica Colexial de España. Entre as moitas iniciativas emprendidas ao servizo desta institución, destacan dúas: mellorar a situación dos médicos titulares, e dar o maior apoio ao Patroato de Orfos de Médicos.
Faleceu en Madrid, o 24 de novembro de 1945. O 5 de xuño de 1946 o Hospital Militar de Madrid recibe o nome de Gómez Ulla, en honor do Xeneral-Médico Mariano Gómez Ulla.[1][2][3][4][5]
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- 1909. Cruz Vermella do Mérito Militar sinxela (25 de setembro).
- 1910. Cruz Vermella do Mérito Militar pensionada. (29 de abril).
- 1926. Cruz ao Mérito Militar con distintivo branco.
- 1927. Cruz ao Mérito Militar de 2ª clase con distintivo branco, pensionada.
- 1935. Gran Cruz do Mérito Militar.
- 1943. Gran Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenegildo.
- 1943. Gran Cruz da Orde do Mérito Militar, con distintivo branco.
- 1945. Gran Cruz da Orde Civil de Sanidade.
- 1945. Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco.
- 1945. Outra, Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Amado E. Cuando el médico se va a las guerras. ABC. 2007/10/29.
- ↑ "Gómez Ulla, gloria de la medicina militar. El Correo Gallego. 2008/11/23.". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2013.
- ↑ Nicolás i Hungerbühler H. Dr. Gómez Ulla (1). Melilla, campaña de 1909. El Heraldo de Melilla. 2009/06/18.
- ↑ Nicolás i Hungerbühler H. Dr. Gómez Ulla (2). Melilla, campaña de 1909. El Heraldo de Melilla. 2009/06/18.
- ↑ Nicolás i Hungerbühler H. Dr. Gómez Ulla (y 3). Melilla, campaña de 1909. El Heraldo de Melilla. 2009/06/18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mariano Gómez Ulla ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gómez Rodríguez L. El Hospital Militar Gómez Ulla: memoria, anécdota y nostalgia de un hospital centenario. Madrid: Mº de Defensa; 2008.
- Varios autores. Gómez Ulla. Hospital Central. Cien anos de historia 1896-1996.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Organización Médica Colexial de España
- "Mariano Gómez Ulla". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
Predecesor: Enrique Suñer Ordóñez |
![]() Presidente da OMCE 1941-1945 |
Sucesor: Armando Muñoz Calero |