Maribel Álvarez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1935 ![]() Oviedo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Período de actividade | 1950 ![]() |
Sitio web | maribel-alvarez.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Maribel Álvarez López-Vega, nada en Oviedo o 29 de maio de 1935, coñecida como Maribel Álvarez. Escritora e locutora de radio, desenvolveu toda a súa carreira en Radio Juventud de Barcelona e RJ 2 en estereofonía.[1][2][3] Tamén traballou en diversos espazos relacionados coa voz, máis unhas pequenas intervencións de imaxe en series de TVE.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na radio
[editar | editar a fonte]Ós 13 anos entrou en contacto con Radio Oviedo porque necesitaban a mozos e mozas novas para interpretar en directo contos infantís.[5]
En 1959 trasladouse a Barcelona onde foi contratada por Radio Juventud. Álvarez fixo unha pausa por cuestións persoais e regresou en 1964 cando entrou a formar parte do persoal de locutores.
Até ese momento, o nome de Radio Juventud estaba relacionado coas "mocidades da Falanxe" e co "Movemento", e o obxectivo marcado para a nova etapa era o de outorgarlle un aire novo e moderno, sen mención política algunha.[6][7]
Álvarez traballou durante unha tempada con Pedro Ruiz nun programa de humor creado e dirixido por el mesmo en Radio Barcelona. Con Jordi Estadella realizou unha serie de reportaxes de contido social.No programa "Las tardes de Odette" coñeceu ó actor de teatro Gabriel Agustí, quen se convertería na súa parella dende entón.[8]
Na televisión
[editar | editar a fonte]En 1975 colaborou en televisión, na serie Original de La 2, realizada por Esteban Duran.
En 1984, interpretou a Ruth Benet en Yo robo, tú chantajeas, ella estafa y además un muerto, tamén por Esteban Duran.
Tamén traballou en dobraxes, especialmente en series de televisión e puxo a súa voz en campañas de publicidade para anuncios de televisión e cuñas de radio.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arguimbau. Memòries de Radio Juventud (en catalán). Barcelona: Diputació de Barcelona y Col·legi de Periodistes de Catalunya. ISBN 84-930384-0-7.
- ↑ Radio Mocidade
- ↑ "Maribel Álvarez Escritora: En el Oviedo de posguerra ser pobre era un estigma". La voz de Asturias. 4 de novembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2013.
- ↑ Perfil de Maribel Álvarez en IMDb
- ↑ "Radio Oviedo". Consultado o 29 de agosto de 2013.
- ↑ Radio Juventud de España. "Radio Juventud de España". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 1 de agosto de 2013.
- ↑ Arguimbau. Memòries de Radio Juventud (en catalán). Barcelona: Diputació de Barcelona y Col·legi de Periodistes de Catalunya. ISBN 84-930384-0-7.
- ↑ Arguimbau. Memòries de Radio Juventud (en catalán). Barcelona: Diputació de Barcelona y Col·legi de Periodistes de Catalunya. ISBN 84-930384-0-7.
- ↑ Donuts (Sen data). "Voz niño que dice "¡Anda, los donuts!". Consultado o 1 de xullo de 2013.