María Isabel Castro Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1950 ![]() Pontecesures, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2011 ← Luís Álvarez Angueira – Luís Álvarez Angueira → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Maribel Castro Barreiro, nada en Pontecesures o 19 de novembro de 1950, é unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como secretaria de Dirección en varias empresas como Nestlé.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1995 foi elixida concelleira en Pontecesures ao formar parte da candidatura de Independentes de Pontecesures que encabezaba Victoriano Trenco Romay e que obtivo a alcaldía grazas ao apoio do BNG. Foi tenente de alcalde e o seu grupo gobernou en minoría ata setembro de 1996, cando se estableceu un pacto de goberno co PPdeG e os edís do grupo independente pasaron a formar parte da formación conservadora.
Nas municipais de 1999 foi número 2 da candidatura do PPdeG encabezada por Trenco Romay, a cal logrou a vitoria mais non puido continuar no goberno dado o pacto entre BNG, ACP e PSdeG que fixo alcalde ao nacionalista Luís Álvarez Angueira. Permaneceu como concelleira na oposición e nas municipais de 2003 desligouse do PPdeG e recuperou a marca de Independentes de Pontecesures, a cal encabezou e conseguiu 1 acta de concelleira. Permaneceu na oposición ata que en outubro de 2004 pasou a formar parte do goberno do nacionalista Luís Álvarez Angueira e ACP como primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo.[1]
Nas municipais de 2007 volveu encabeza-la candidatura de IP e mantivo a súa acta de concelleira, e malia encabezar a formación con menos votos nos comicios saíu elixida alcaldesa de Pontecesures grazas ao apoio do PPdeG e dos concelleiros do PSdeG (que foron expulsados da formación por iso) en detrimento do nacionalista Angueira, que fora o máis votado. Deste xeito, formou goberno cos concelleiros populares e exsocialistas.[2] Nas municipais de 2011, volveu encabeza-la candidatura de IP e subiu a 2 concelleiros, mais non continuou na alcaldía dado que nesta ocasión Angueira conseguiu formalizar un pacto co PSdeG e Terra Galega que lle devolveu a alcaldía, polo que pasou á oposición. Nas municipais de 2015 volveu lograr 2 concelleiros e mantívose na oposición ao manterse, de novo, o pacto entre o BNG con Terra Galega e o PSdeG.
En maio de 2016, trala marcha dos concelleiros de Terra Galega do goberno,[3] o PPdeG e IP presentaron xunto cun dos edís de Terra Galega unha moción de censura que lle deu a alcaldía ao popular Juan Manuel Vidal Seage converténdose, ela, de novo, en tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo. Nas municipais de 2019 volveu encabezar IP e baixou a 1 concelleiro, volvendo pactar co PPdeG e Terra Galega e continuando como tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo. Unha vez convocadas as eleccións municipais de 2023, decidiu non concorrer de novo e retirouse da política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santalla, María (8 de outubro de 2004). "Un año de travesía del desierto". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2023.
- ↑ Redacción (17 de xuño de 2007). "La investidura de Castro abre la puerta del gobierno de Pontecesures al PP". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2023.
- ↑ Redacción (21 de xaneiro de 2016). "Los concejales de Terra Galega dejan en minoría el gobierno de Pontecesures". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Luís Álvarez Angueira |
![]() Alcaldesa de Pontecesures 2007 - 2011 |
Sucesor: Luís Álvarez Angueira |