Marie Bashkirtseff
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ru) Мария Константиновна Башкирцева ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de novembro de 1858 ![]() Havrontsi (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 31 de outubro de 1884 ![]() París, Francia ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Passy ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Francia ![]() |
Grupo étnico | Pobo ucraíno ![]() |
Relixión | Igrexa ortodoxa ![]() |
Educación | Academia Julian (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | París (1870–1884) ![]() |
Ocupación | pintora , escritora , biógrafa , autora de diarios , escultora , artista ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Pintura do realismo (pt) ![]() ![]() |
Profesores | Tony Robert-Fleury (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa e lingua ucraína ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Pai | Konstantin Pavlovich Bashkirtsev (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/59/Bashkirtseff.jpg/220px-Bashkirtseff.jpg)
Marie Bashkirtseff ou en cirílico ruso Марія Костянтинівна Башкирцева, nada en 1858 e finada en 1884, foi unha pintora e escultora rusa nada en Ucraína.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Gavrontsi, nas proximidades do Poltava no seo dunha familia nobre, e educouse no estranxeiro viaxando con súa nai por Europa. En 1870 súa nai instálase nunha vila preto de Niza e xa en París estudou pintura na Académie Julian, unha das poucas institucións que aceptaban mulleres. En 1881 escribiu artigos, co alcume de Pauline Orrel, para o xornal feminista de Hubertine Auclert, La Citoyenne.
Na súa curta vida, Marie, realizou importantes composicións, entre as que sobresaen Un meeting, L'Atelier des femmes e o seu Autorretrato. Boa parte das súas obras destruíronas os nazis durante a segunda guerra mundial.
Dende os 13 anos escribiu un diario en francés no que documenta os problemas das mulleres artistas e que se fixo famoso cando o publicou a súa familia en 1890 co título de Journal de Marie Bashkirtseff avec portrait. A súa correspondencia con Guy de Maupassant publicouse en 1891.