Mario Aurelio Poli
Mario Aurelio Poli, nado o 29 de novembro de 1947 en Buenos Aires, é un cardeal e arcebispo católico latino arxentino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Buenos Aires o 29 de novembro de 1947. Foi ordenado sacerdote o 25 de novembro de 1978 polo arcebispo de Buenos Aires, Juan Carlos Aramburu.
O 8 de febreiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Buenos Aires e bispo titular de Abidda. Recibiu a consagración episcopal o 20 de abril de 2002 de mans do arcebispo de Buenos Aires Jorge Mario Bergoglio.
O 24 de xuño de 2008 o papa Bieito XVI nomeouno bispo de Santa Rosa.
Logo do conclave de 2013, onde Bergoglio foi elixido papa, o 28 de marzo foi nomeado arcebispo de Buenos Aires, e o 4 de maio nomeado tamén ordinario para os fieis de rito oriental na Arxentina.
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1] O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de cardeal-presbítero de San Roberto Bellarmino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014.
Il Santo Padre Francesco [...] ha nominato Membri [...] Mario Aurelio Poli.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mario Aurelio Poli |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Rinaldo Fidel Brédice |
Bispo de Santa Rosa 2008 - 2013 |
Sucesor: Raúl Martín |
Predecesor: Jorge Mario Bergoglio |
Arcebispo metropolitano de Buenos Aires 2013 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Jorge Mario Bergoglio |
Ordinario para os fieis de rito oriental da Arxentina 2013 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Jorge Mario Bergoglio |
Cardeal-presbítero de San Roberto Bellarmino 2014 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |