Mario Echandi Jiménez
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1915 San Xosé, Costa Rica |
Morte | 30 de xullo de 2011 (96 anos) San Xosé, Costa Rica |
Causa da morte | pneumonía |
33º Presidente de Costa Rica | |
8 de maio de 1958 – 8 de maio de 1962 ← José Figueres Ferrer – Francisco Orlich Bolmarcich (en) → | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político, diplomático, avogado |
Partido político | National Union Party (en) |
Familia | |
Pai | Alberto Echandi Montero |
Premios | |
Mario Echandi Jiménez, nado en San Xosé o 17 de xuño de 1915 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 2011,[1] foi un diplomático e político, presidente de Costa Rica entre 1958 e 1962.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Alberto Echandi Montero e Josefa Jiménez Rucavado. Cursou estudos no Liceo de Costa Rica e na Escola de Dereito, onde se graduou de Licenciado en Leis.
Foi Agregado Militar en misión especial en Panamá en 1940, Embaixador de Costa Rica nos Estados Unidos de América, as Nacións Unidas e a OEA (1949-1950), Ministro de Relacións Exteriores e Cultura (1950-1952) e Deputado por San José (1953-1955).
En 1958 foi elixido Presidente da República, cargo que exerceu de 1958 a 1962. O presidente Echandi obtivo 102.851 votos como candidato da partido Unión Nacional, Francisco José Orlich candidato da partido Liberación Nacional obtivo 94.778 votos e Jorge Rossi Chavarría obtivo 23.910 votos polo partido Independente. Este último partido estaba constituído por exmembros do partido Liberación Nacional. Un ano antes da elección houbo unha escisión nese partido e un grupo dos seus partidarios encabezados polo Licenciado Jorge Rossi deixaron as súas filas[2].
Durante o seu goberno aprobáronse algunhas leis importantes, como a Lei de Aguinaldo, fundouse o Servizo Nacional de Aqueductos e Redes de sumidoiros[2], o Instituto de Terras e Colonización (ITCO), a Lei de Protección e Desenvolvemento Industrial, creouse o primeiro Plan Viario, cuxo obxectivo era construír unha rede de estradas e camiños no país segundo un plan previo.[2] Rompéronse relacións diplomáticas con Cuba debido á política de fusilamentos do réxime de Fidel Castro.
Durante o seu goberno permitiuse o regreso do expresidente Rafael Ángel Calderón Gardia e os seus seguidores atoparon condicións para organizarse[3].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Olga De Benedictis Antonelli.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nación.com Falleció expresidente Mario Echandi Jiménez (1958-1962) Arquivado 31 de decembro de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Historia de Costa Rica, Monge Alfaro, Carlos. edición #16, Imprenta Trejos, 1980, página 304
- ↑ Historia de Costa Rica, Monge Alfaro, Carlos. edición #16, Imprenta Trejos, 1980, página 305