Marion Zimmer Bradley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1930 Albany, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de setembro de 1999 (69 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Hardin–Simmons University (en) Universidade de California, Berkeley |
Actividade | |
Ocupación | escritora, escritora de ciencia ficción, novelista, editora literaria |
Período de actividade | 1952 - |
Xénero artístico | Fantasía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Walter Breen (1964–1990), divorcio Robert Alden Bradley (1949–1964), divorcio |
Irmáns | Paul Edwin Zimmer |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | American Women Writers |
Sitio web | mzbworks.com |
Marion Eleanor Zimmer Bradley, nada en Albany (Nova York) o 3 de xuño de 1930 e finada en Berkeley (California) o 25 de setembro de 1999, foi unha escritora estadounidense. Publicou novelas de literatura fantástica e ciencia ficción como The Mists of Avalon ou a saga de Darkover, decote cunha perspectiva feminista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha granxa durante a Gran Depresión. Empezou a escribir en 1949 e vendeu a súa primeira historia a Vortex, en 1952. Na década de 1950 introduciuse nun grupo cultural de lesbianas, Daughters of Bilitis. En 1965 licenciouse en Artes na Hardin Simmons University de Abilene (Texas), e despois mudouse a Berkeley para cursar estudos de posgrao na Universidade de California entre 1965 e 1967. En 1966 axudou a fundar e deu nome á Society for Creative Anachronism, e estivo involucrada no desenvolvemento de varios grupos locais.
Foi editora da serie Sword and Sorceress, e colaborou en revistas de ciencia ficción como Venture Science Fiction. As súas obras máis coñecidas son a recreación do ciclo artúrico The Mists of Avalon (1983), e The Firebrand (1987), historia da guerra de Troia narrada por Casandra.
Cos pseudónimos de Morgan Ives, Miriam Gardner, John Dexter e Lee Chapman produciu na década de 1960 unha serie de novelas de temática homosexual.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En outubro de 1949 casou con Robert Alden Bradley, con quen tivo un fillo, David Robert Bradley (1950 – 2008), e divorciáronse o 19 de maio de 1964. En xuño dese mesmo ano casou co numismático Walter Breen, con quen tivo unha filla, Moira Breen. Separáronse en 1979, se ben seguiron casados e mantiveron unha relación de negocios até que se divorciaron o 9 de maio de 1990, ano en que Breen foi detido por cargos de abuso de menores.
O seu fillo David Bradley e o seu irmán Paul Zimmer publicaron obras de fantasía e ciencia ficción. A súa filla Moira Breen é artista e cantante profesional.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Falcons of Narabedla (1957)
- The Door Through Space (1961)
- Seven from the Stars (1961)
- The Colours Of Space (1963)
- Castle Terror (1965)
- Souvenir of Monique (1967)
- Bluebeard's Daughter (1968)
- The Brass Dragon (1970)
- In the Steps of the Master – The Sixth Sense #2 (1973) (baseada na serie de televisión The Sixth Sense, creada por Anthony Lawrence)
- Hunters of the Red Moon (1973; novela curta)
- The Jewel of Arwen (1974; novela curta)
- The Parting of Arwen (1974; novela curta)
- Can Ellen Be Saved? (1975; adaptación dun guión de Emmett Roberts)
- The Endless Voyage (1975)
- Drums of Darkness (1976)
- The Ruins of Isis (1978)
- The Catch Trap (1979)
- The Endless Universe (1979) (reescritura The Endless Voyage)
- The House Between the Worlds (1980)
- Survey Ship (1980)
- The Colors of Space (1983)
- Night's Daughter (1985)
- Warrior Woman (1985)
- The Firebrand (1987)
- Black Trillium (1990; con Julian May e Andre Norton)
- Lady of the Trillium (1995; con Elisabeth Waters)
- Tiger Burning Bright (1995; con Mercedes Lackey e Andre Norton)
- The Gratitude of Kings (1997; con Elisabeth Waters)
Coleccións de relatos curtos
[editar | editar a fonte]- The Dark Intruder and Other Stories (1964)
- The Best of Marion Zimmer Bradley (1985)
- Jamie and Other Stories (1988)
- Marion Zimmer Bradley's Darkover (Darkover collection) (1993)
Series
[editar | editar a fonte]Atlantean
[editar | editar a fonte]- Web of Light (1983)
- Web of Darkness (1983)
Avalon
[editar | editar a fonte]- The Mists of Avalon (1983; ilustrado por Braldt Bralds)
- The Forest House (1993; con Diana L. Paxson)
- Lady of Avalon (1997; con Diana L. Paxson)
- Priestess of Avalon (2000; con Diana L. Paxson)
- Ancestors of Avalon (2004; escrita por Diana L. Paxson)
- Ravens of Avalon (2007; escrita por Diana L. Paxson)
- Sword of Avalon (2009; escrita por Diana L. Paxson)
Colin MacLaren
[editar | editar a fonte]- The Inheritor (1984)
- Dark Satanic (1988; publicada en 1972 por Berkley, NY)
- Witch Hill (1990; publicada posiblemente en 1972 por Greenleaf baixo o pseudónimo de Valerie Graves)
- Heartlight (1998)
(con Rosemary Edghill)
- Ghostlight (1995; ilustrado por Mark Hess)
- Witchlight (1996; ilustrado por Mark Hess)
- Gravelight (1997)
- Heartlight (1998)
Darkover
[editar | editar a fonte]- The Planet Savers (1958)
- The Sword of Aldones (1962)
- The Bloody Sun (1964)
- Star of Danger (1965)
- The Winds of Darkover (1970)
- The World Wreckers (1971)
- Darkover Landfall (1972)
- The Spell Sword (1974; con Paul Edwin Zimmer, sen acreditar)
- The Heritage of Hastur (1975)
- The Shattered Chain (1976)
- The Forbidden Tower (1977)
- Stormqueen! (1978)
- Thunderlord! (secuela de Stormqueen!, inédito)
- The Bloody Sun (1979)
- Two To Conquer (1980)
- Sharra's Exile (1981)
- Hawkmistress! (1982)
- Thendara House (1983; con Jacqueline Lichtenberg, sen acreditar)
- City of Sorcery (1984)
- The Heirs of Hammerfell (1989)
- Rediscovery (1993; con Mercedes Lackey)
- Exile's Song (1996; con Adrienne Martine-Barnes)
- The Shadow Matrix (1997; con Adrienne Martine-Barnes)
- Traitor's Sun (1999; con Adrienne Martine-Barnes)
Triloxía The Clingfire
[editar | editar a fonte]- The Fall of Neskaya (2001; con Deborah J. Ross)
- Zandru's Forge (2003; con Deborah J. Ross)
- A Flame in Hali (2004; con Deborah J. Ross)