Mark Garrow
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1955 |
Morte | 19 de outubro de 2007 (52 anos) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | monxe |
Orde relixiosa | Congregación dos Padres Marianos |
Mark Garrow, M.I.C., nado o 2 de abril de 1955 en Wilbraham e finado o 19 de outubro de 2007 en Stockbridge, foi un sacerdote católico latino estadounidense, xeneral da Congregación dos Padres Marianos entre 1999 e 2005.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois da súa ordenación sacerdotal o 29 de decembro de 1984, foi mestre superior de novizos en Brookeville, Maryland, e prefecto de formación da provincia de Santo Estanislau Kostka.
Entre os anos 1993 e 1999 foi membro do Consello Xeral da Congregación dos Padres Marianos, e foi o prefecto xeral de formación. Entre os anos 1999 e 2005 foi o xeneral superior da súa congregación. Mentres exercía como xeneral, dirixiu o proceso de fusión das dúas provincias americanas da orde.
En 2006 foi elixido primeiro provincial da Provincia da Santísima Virxe María, Nai da Misericordia, establecida en 2005 nos Estados Unidos de América. Mantivo este cargo ata a súa morte por cancro en 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Przełożeni Generalni Zgromadzenia Księży Marianów" [Superiores Xenerales da Congregación dos Padres Marianos]. Congregación dos Padres Marianos (padrimariani.org) (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Adam Boniecki |
Xeneral da Congregación dos Padres Marianos 1999 - 2005 |
Sucesor: Jan Rokosz |