Marley & Me (filme)
Marley & Me | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | David Frankel |
Produtor | Karen Rosenfelt Gil Netter |
Guión | Scott Frank Don Roos |
Baseado en | Marley & Me de John Grogan |
Intérpretes | Owen Wilson
Jennifer Aniston |
Música | Theodore Shapiro |
Fotografía | Florian Ballhaus |
Montaxe | Mark Livolsi |
Estudio | Fox 2000 Pictures Regency Enterprises Sunswept Entertainment Dune Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 25 de decembro de 2008 |
Duración | 115 minutos |
Orzamento | 60.000.000 $ |
Recadación | 247.800.000 $[1] |
Na rede | |
http://www.johngroganbooks.com/marley/index.html e https://www.marleyetmoi-lefilm.com/ | |
Marley & Me é un filme estadounidense de 2008 do xénero da comedia dramática, sobre o can Marley. Dirixida por David Frankel e con guión de Scott Frank e Non Roos está baseada no libro do mesmo nome de John Grogan. Owen Wilson e Jennifer Aniston son os protagonistas do filme, e interpretan a parella dona do can. A súa estrea foi o 25 de decembro de 2008 nos Estados Unidos e o Canadá e estableceu unha nova mellor marca de recadación no día de Nadal con 14.750.000 dólares.[2] En 2011 saíu directamente para o mercado de vídeo, unha precuela, Marley & Me: The Puppy Years.
Argumento
[editar | editar a fonte]Logo da súa voda, John e Jenny Grogan (Owen Wilson e Jennifer Aniston) deixan os duros invernos de Míchigan por unha casa no sur de Florida, onde atopan traballo como reporteiros para dous xornais rivais. En The Palm Beach Post, Jenny axiña logra chegar á primeira páxina mentres no South Florida Sun-Sentinel, John só consegue escribir obituarios e pequenos artigos sobre novas banais, como un lume no depósito local de lixo. John aínda inseguro da necesidade de engadir outro membro á femilia confésalle ao seu amigo Sebastian que non está preparado aínda para ter un bebé, e o amigo aconséllalle que adopten un can para ver se realmente están preparados para ter un petís. Dunha camada de labradores amarelos, John e Jenny escollen adoptar a Marley (nome escollido en homenaxe a Bob Marley), que imediatamente aparece como un can incorrixible. A parella leva o can a clases de adestramento coa señora Kornblut (Kathleen Turner), que pensa que se pode adestrar calquera can. Pero Marley rexeita obedecer calquera orde e sobe enriba da señora Kornblut, polo que o expulsa da clase.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Owen Wilson como Johnny "John" Grogan
- Jennifer Aniston como Jennifer "Jenny" "Jen" Grogan
- Eric Dane como Sebastian Tunney
- Alan Arkin como Arnie Klein
- Haley Hudson como Debbie
- Haley Bennett como Lisa
- Kathleen Turner como a señora Kornblut
- Nathan Gamble como Patrick "Pat" Grogan (10 anos)
- Bryce Robinson como Patrick "Pat" Grogan (7 anos)
- Dylan Henry como Patrick "Pat" Grogan (3 anos)
- Finley Jacobsen como Connor Grogan (8 anos)
- Ben Hyland como Connor Grogan (5 anos)
Produción
[editar | editar a fonte]Ao abranguer a película 14 anos na vida dun can, empregáronse 22 labradores amarelos diferentes para dar vida a Marley. A película rodouse en diferentes lugares de Florida: West Palm Beach, Fort Lauderdale, Hollywood, Miami e mais no Dolphin Stadium, ademais tamén se gravou en Filadelfia e West Chester en Pensilvania. As escenas da lúa de mel filmáronse nas proximidades do castelo Ballynahinch en Connemara, no condado de Galway (Irlanda).
Theodore Shapiro, que xa traballara con Frankel en The Devil Wears Prada, compuxo a música do filme, e gravouna coa Hollywood Studio Symphony[3].
Lanzamento
[editar | editar a fonte]Crítica
[editar | editar a fonte]Marley & Me recibiu críticas diversas pero en xeral positivas. En Rotten Tomatoes a película ten unha cualificación de 63%, baseada en 137 críticas, cunha media de 6/10. O consenso do sitio é, "os donos de animais deberían quedar engaiolados pero Marley and Me só esporadicamente ten éxito en arrancar risas e emocións na platea."[4] En Metacritic, a película ten unha puntuación de 53 sobre 100, baseado en 30 críticas, indicando "comentarios diversos ou na media".[5]
Recadación
[editar | editar a fonte]A estrea da película realizouse en 3.480 salas nos Estados Unidos e no Canadá o 25 de decembro de 2008. Recadou 14.750.000 dólares no seu primeiro día, establecendo unha nova mellor marca para un día de Nadal superando a anterior de 10.200.000 alcanzado por Ali en 2001 ( Sherlock Holmes superou a marca o ano seguinte). O filme gañou un total de 51.700.000 dólares no cuarto día chegando ao primeiro lugar na recadación, posición que mantivo durante dúas semanas. Rematou cunha recadación de 143.153.751 nos Estados Unidos e 99.563.362 no resto do munto, cun total de 242.717.113[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marley & Me (2008)". The Numbers. Consultado o 16 de abril de 2014.
- ↑ "‘Marley & Me’ sets Christmas Day record". Today.com. Associated Press. 26 de decembro de 2008.
- ↑ "Theodore Shapiro scores Marley & Me". Scoring Sessions.
- ↑ "Marley and Me, Rotten Tomatoes
- ↑ "Marley & Me", Metacritic
- ↑ "Marley & Me". Box Office Mojo.
- Filmes de 2008
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por David Frankel
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de Dune Entertainment
- Filmes sobre cans
- Filmes sobre escritores
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes rodados en Miami, Florida
- Filmes rodados en Pensilvania
- Filmes rodados en Irlanda
- Filmes ambientados en Miami
- Filmes ambientados en Florida
- Filmes de Regency Enterprises