Marmota alpina
Marmota alpina Marmota marmota | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marmota marmota nos Alpes franceses | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Marmota marmota (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Marmota marmota
| |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A marmota alpina (Marmota marmota) é unha especie de mamífero roedor da suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos xerinos e tribo dos marmotinos, da que é a súa especie tipo.
É unha das dúas especies de marmotas que se encontran en Europa.
Está emparentada cos esquíos, cos que comparte familia, pero o seu aspecto e costumes difiren enormemente dos destes.
Aínda que esta é a especie que comunmente se coñece como marmota, existen polo menos 14 especies máis, difundidas polas zonas montañosas do hemisferio norte clasificadas dentro do xénero Marmota e que inclúen esta palabra no seu nome común.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 60 do volume 1º da 10ª edición do seu Systema Naturae,[2], baixo o nome de Mus marmota.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Marmota está tirado do fancés marmotte.[4]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén como:[3]
- Mus marmota Linnaeus, 1758 (protónimo)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies de Marmota marmota.[2]
- Marmota marmota marmota (Linnaeus, 1758)
- Marmota marmota latirostris Kratochvil, 1961
Características
[editar | editar a fonte]A marmota alpina mide entre os 50 e os 58 cm de longo, aos que hai que engadir entre os 13 e os 16 cm de cola, bastante curta en comparación con outros roedores. O peso máximo rexistrado é de 8 kg. Non é o maior roedor europeo, senón o terceiro tras o castor e o porco espiño.
A cabeza e o tronco son grosos, con patas curtas e orellas pequenas como adaptación ao frío do hábitat en que vive. A pelaxe é parda agrisada no dorso, co ventre amarelado e o extremo da cola de cor negra.
A subespecie dos montes Tatra caracterízase polo seu menor tamaño e a súa pelaxe de cor máis clara.
A súa fórmula dental é 1/1, 0/0, 2/1, 3/3 = 22.[5]
Costumes
[editar | editar a fonte]É de hábitos diúrnos e pasa a maior parte do día buscando comida ou sentada na súa característica posición. Relaciónase con facilidad con outros membros da súa especie, estean ou no emparentados entre si, até o punto de formaren colonias de centos de exemplares que teñeen seus tobos na mesma zona. Estes tobos acollen a varios individuos, e poden chegar a ter varios metros de profundidade. Así, as marmotas quedan illadas por completo do frío da superficie durante o inverno, que pasan en estado de hibernación. A temperatura corporal redúcese entón a entre 4,6 e 7,6 °C, a respiración a dous ou tres veces por minuto e as pulsacións cardíacas a dez por minuto. Co fin de acumular reservas para o inverno, as marmotas devoran grandes cantidades de herbas (raíces incluídas) e desenvolven unha grosa capa de graxa subcutánea durante o outono.
Distribución
[editar | editar a fonte]O rexistro fósil demostra que as marmotas ampliaron enormemente a súa extensión durante os períodos en que as glaciacións se estendían sobre o continente, desde Inglaterra e a Meseta Central castelá até Rusia. Xa entón eran un aperitivo ocasional para os homes, aínda que a súa redución aos montes Tatras e os Alpes debe adxudicarse exclusivamente aos cambios climáticos. Porén, en tempos recentes as marmotas foron obxecto dunha caza exhaustiva debido ás supostas propiedades medicinais da súa graxa, que as levou case ao bordo da extinción. No século XIX comezáronse a tomar medidas para evitar a súa desaparición, como a prohibición da caza de marmotas nos Tatras en 1869. Durante o século XX leváronse a cabo varias repoboacións en Francia (no Macizo Central e nos Pireneos) con notábel éxito, até o punto de que as marmotas son agora unha especie en expansión nos Pireneos franceses e españois.
Hoxe en día, a súa área de distribución abarca os montes Tatras, os Alpes, o Macizo Central francés e os Pireneos, onde se encontra entre os 800 e os 3 200 msnm.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Dedos
-
Pegadas
-
Cranio
-
Graxa de marmota, que se empreaga como remedio homeopático porque se cría que contribuía a aliviar a reuma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cassola, F. (2016): Marmota marmota na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 27 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Marmota (Marmota) marmota Linnaeus, 1758 no MSW
- ↑ 3,0 3,1 Mus marmota Linnaeus, 1758 no GBIF.
- ↑ Marmota no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Herrero, J. e García-González. "Marmota marmota (Linnaeus, 1758)" (PDF) (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marmota alpina |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Marmota alpina |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
- Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rastros de marmota, no apartado de rastros de mamíferos del sitio Barbastella.