Martín Barrós
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1988 (36 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Deporte | hóckey a patíns |
Martín Barrós Novo, tamén coñecido como Neto, nado na Coruña o 30 de decembro de 1988, é un xogador de hóckey a patíns galego que actualmente xoga no A.C. Ordes. Xoga na posición de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Martín Barrós comezou a práctica do hóckey a patíns no equipo do colexio herculino Dominicos, na tempada 2007-08 pasou ás filas do Patín Coruña (daquela en Primeira División Estatal. Tralo ascenso á OK Liga (tempada 2009-10) do CP Cerceda, Neto asinou co club cercedense, disputándose o posto de porteiro co catalán Xavi Malián. Co descenso de categoría do Cerceda e a fichaxe do asturiano Adrián Vallina, o porteiro coruñés tampouco puido disputar moitos minutos na segunda categoría do hóckey a patíns do Estado español. No verán do 2011 asinou polo A.C. Ordes que acababa de ascender á Primeira División Estatal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |