Martín Fernández Prado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | político |
Martín Fernández Prado, nado na Coruña o 18 de xullo de 1966 é un arquitecto, profesor e político galego do Partido Popular (PP).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Martín Fernández Prado é arquitecto coas especialidades de Urbanismo e Edificación pola Universidade de Navarra. Doutorouse en 2010 pola Universidade da Coruña.
Desde 1995 é arquitecto autónomo do COAG (delegación de Lugo) e desde 1998 copropietario de HFP Arquitectura & Urbanismo SL. Profesor contratado en diversos cursos de grao e posgrao na ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña desde 1998.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Colaborador xa da formación conservadora desde os tempos de Alianza Popular colaborou tamén desde 2003 cos equipos de Alberto Núñez Feijóo[1]: foi Director Xeral de Planificación da Xunta de Galicia (2003-2005) e é presidente da Comisión Territorial do Eixo Atlantico (formada por 32 cidades de Galiza e Norte de Portugal).
Nomeado tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas após a maioría absoluta acadada nas eleccións municipais de 2011 na Coruña e posteriormente concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación, Infraestruturas e Servizos Públicos. Permaneceu no cargo até 2015, cando pasou ás bancadas da oposición.
En agosto de 2016 anunciouse a súa presenza como número 12 nas listas do PP pola provincia da Coruña para as eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano[2], resultando elixido deputado para a X lexislatura. No parlamento presidiu a comisión non permanente sobre Seguridade Viaria e exerceu asemade como voceiro do grupo popular na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e na área de Universidades.[3]
En 2020 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola Coruña nas eleccións ao Parlamento de Galicia. En decembro dese ano foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria da Coruña[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández, A. "Martín Fernández Prado: ´Saber de algunos temas favorece, pero a veces hay que adaptarse´ - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-29.
- ↑ "Anova, Podemos y EU desplazan a los fieles a Ferreiro en la lista a la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-24. Consultado o 2016-08-29.
- ↑ "Directorio de deputados". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-04.
- ↑ "O novo presidente do porto da Coruña pide buscar solucións "entre todas" as administracións para a débeda". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-01-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concelleiros da Coruña
- Corporación Municipal da Coruña 2011-2015
- Corporación Municipal da Coruña 2015-2019
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Nados en 1966
- Alumnos da Universidade de Navarra
- Alumnos da Universidade da Coruña
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia