Marta Brañas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1985 (39 anos) Arteixo, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | boxeadora, militar |
Deporte | boxeo |
Marta Brañas Rumbo, nada en Arteixo o 3 de agosto de 1985, é unha militar galega, que chegou a ser campioa de España de boxeo profesional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no deporte no kung-fu, onde chegou a ser cinto negro[1]. En 2003 deixou o kung fu pola práctica do boxeo no ximnasio local Planas Box onde Brañas adestrou como puxilista da categoría mosca e, en ocasións, galo[2] e supermosca. En 2009 trasladouse a Madrid para formarse como boxeadora no centro de alto rendemento Blume. Ao ano seguinte lesionouse durante varios meses, pero en 2011 regresou á preparación de boxeo de alto nivel[2]. Uniuse á selección española feminina de boxeo e participou con ela nos mundiais de 2012 de afeccionadas, disputados en Qinhuangdao (China), no peso mosca. Nese mundial competiron tres boxeadoras españolas e Brañas foi derrotada no seu primeiro combate, contra a surcoreana Kim Ye-ji, cando o árbitro detivo a pelexa.
En 2014 obtivo o campionato de España de peso galo en amateur[2]. Nese mesmo ano converteuse na primeira boxeadora profesional galega, ao asinar un contrato cunha promotora dos Estados Unidos. Instalouse en Lakewood (condado dos Ánxeles) e disputou tres pelexas na fornteira mexicana, dúas en Mexicali e unha en Tijuana, que ademais resultan en tres vitorias[3]. Pero nese verán regresa a Galicia e en setembro de 2015 disputa o seu primeiro combate profesional de volta, en Arteixo[3]. En decembro dese ano converteuse na primeira campioa de España de boxeo con carácter profesional nun combate disputado na Coruña, onde venceu a badalonense Maribel de Sousa.
Como boxeadora chamábanlle a "potrilla de Arteixo", que é o español para poldriña, dado que Brañas traballaba na coida e preparación de cabalos e posuía unha poldra[1]. O seu adestrador como púxil foi Chano Planas.
Abandonou o boxeo en maio de 2017 por mor dun conflito económico entre promotores en Panamá[4], cando estaba a prepararse para un combate polo título mundial dos supermosca contra a peruana Linda Laura Lecca. No total da súa carreira profesional como boxeadora disputou nove combates e gañounos todos
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Sen deixar a súa profesión como militar en infantaría, cando abandonou o boxeo comezou a practicar o fútbol coa SCD Pastoriza, de Pastoriza. Tamén compite en saltos de equitación.
Ademais de militar, estuda enfermería na Universidade da Coruña.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2016 recibiu a "Mención especial" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da IV Gala do Deporte Feminino Galego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Tackle Sports Magazine (2015-10-16). "Reportaje Marta Brañas". Consultado o 2018-03-08.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 AS, Diario (2014-11-01). "Marta Brañas, del ejército a profesional en Estados Unidos". AS.com (en castelán). Consultado o 2018-03-08.
- ↑ 3,0 3,1 "BoxRec". boxrec.com. Consultado o 2018-03-08.
- ↑ "Campeona de boxeo y ahora futbolista: la fabulosa mutación de Marta Brañas. Noticias de Deportes". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2018-03-08.