Marta Canella Rodríguez
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1995 (29 anos) Baiona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de León - dirección de empresas (2013–2019) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto baloncesto 3x3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marta Canella Rodríguez, nada en Baiona o 27 de febreiro de 1995, é unha xogadora de baloncesto galega que xoga de escolta.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no Real Club Celta, onde debutou nas competicións estatais con dezasete anos.[2] Na Liga Feminina 2 xogou co Club Deportivo Baloncesto Aros (2016-19) e co Club Bàsquet Santfeliuenc (2019-23), con quen gañou a primeira Liga Feminina Challenge na tempada 2021-22 e supuxo o ascenso á primeira división da Liga Feminina. Ao ano seguinte conseguiu chegar ás semifinais da Liga co Barça CBS e foi escollida xogadora revelación da tempada.[3] En maio de 2023 fichou polo Uni Girona Club de Bàsquet.[4] Foi internacional coa selección española en categorías inferiores, proclamándose campioa de Europa sub-20 (2015). Coa absoluta xogou internacionalmente en dúas ocasións, participando no Pre-Europeo de 2022. Tamén competiu na modalidade de 3x3, gañando o Campionato de Europa de 2021, xunto con Vega Gimeno, Sandra Ygueravide e Aitana Cuevas.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "J.22: Marta Canella, la MVP campeona de Europa". FEB. 12 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2023.
- ↑ Rodríguez Vigo, Raúl (27 de xuño de 2015). "Marta Canella, primera renovación en el Celta femenino". Faro de Vigo. Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ "La baionesa Marta Canella, nueva jugadora del Girona". La Voz de Galicia. 20 de maio de 2023. Consultado o 13 de xuño de 2023.
- ↑ "Marta Canella deja el Barça CBS después de cuatro temporadas". Mundo Deportivo. 11 de maio de 2023. Consultado o 13 de xuño de 2023.
- ↑ "Un 3x3 femenino de oro". Telemadrid. 19 de setembro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2023.