Marta Litinskaia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1949 (75 anos) Lviv, Ucraína |
Educación | Universidade de Lviv |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista |
Profesores | Victor Kart (en) |
Nacionalidade deportiva | Ucraína Unión Soviética |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Woman Master of Sport of USSR in Chess (en) (1969) Mestra Internacional Femenina (1972) Gran Mestra Feminina (1976) Lady International Correspondence Chess Master (en) (1978) |
Puntos ELO (màx.) | 2.415 (1987)< |
Identificador FIDE | 14100380 |
Participou en | |
1996 | Women's Chess Olympiad 1996 (en) |
1994 | Women's Chess Olympiad 1994 (en) |
1992 | Women's Chess Olympiad 1992 (en) |
1988 | Women's Chess Olympiad 1988 (en) |
Familia | |
Fillos | Sviatoslav Litynskyi |
Premios | |
Marta Litinskaia ou Litinska, antes Litinskaia-Schul (de nacemento Marta Schul), nada o 23 de marzo de 1949 en Lviv, é unha xadrecista soviética, posteriormente ucraína. Foi campioa feminina da URSS en 1972, campioa feminina de Ucraína en 1967, 1977 e 1995, e campioa do mundo sénior en 2002.
Foi nomeada Mestra Internacional Feminina en 1972 e Gran Mestra Feminina en 1976. En 1978 obtivo o título de Mestra Internacional Feminina de Xadrez por Correspondencia.
Mundiais Femininos
[editar | editar a fonte]En 1973, competindo como Marta Schul, quedou empatada en segunda posición no torneo interzonal feminino de Menorca, co que se clasificou para o torneo de candidatos de 1974. Foi eliminada por Nana Alexandria. En 1976 quedou cuarta no interzonal feminino de Tbilisi, eliminada do mundial feminino. En 1979, co cuarto posto no interzonal de Alacant, clasificouse para o Torneo de Candidatas de 1980. Venceu á alemá Gisela Fischdick nos cuartos de final. Porén, caeu nas semifinais de novo ante Nana Alexandria.
En 1982 quedou sexta no interzonal feminino de Bad Kissingen, o que a eliminou do ciclo de Candidatas. En 1985 gañou o interzonal en Zheleznovodsk con 11 puntos de 15, por diante da chinesa Wu Mingqian. No Torneo de Candidatas de 1986, que foi un torneo a dúas voltas con 8 xogadoras, quedou terceira con 8 puntos de 14. En 1987 volveu gañar o interzonal e empatou no terceiro lugar no Torneo de Candidatas de 1988. En 1990 quedou sétima no interzonal de Genting Highlands (Malaisia). En 1991 acabou empatada no oitavo lugar no interzonal de Subotica.
En 2002 gañou o Mundial Sénior de Xadrez Feminino.Women's World Senior Championship en Naumburg.[1]
Competicións por equipos
[editar | editar a fonte]Ela representou á URSS nas Olimpíadas de Xadrez Feminino de 1988. Gañou a medalla de prata por equipos e a prata individual no taboleiro de reserva, cunha puntuación de 9,5 puntos sobre 12.
Con Ucraína participou en tres Olimpíadas femininas (1992, 1994 e 1996) no segundo taboleiro. En 1992 obtivo a medalla de prata por equipos. Ese ano tamén gañou o primeiro Campionato Europeo Feminino por Equipos, xogando no segundo taboleiro.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Senioren Weltmeisterschaft" (en alemán). TeleSchach. Consultado o 20 de outubro de 2010.
- ↑ "European Women's Team Chess Championship - Marta Litinskaya". OlimpBase (en inglés).
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giffard, Nicolas; Biénabe, Alain (2009). Le Nouveau Guide des échecs. Traité complet. Bouquins (en francés). París: Robert Laffont. ISBN 9782221110133.