Marta Neira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Asados, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Blanca-Ana Roig |
Actividade | |
Ocupación | filóloga |
Marta Neira Rodríguez, nada en Asados (Rianxo) en 1980,[1] é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Ademais de seguir colaborando neste proxecto, participa como redactora nos Informes de Literatura dese Centro. Actualmente está a realizar a súa tese de doutorarnento baixo a dirección da profesora Blanca-Ana Roig. Ten participado en diversas publicacións e congresos con traballos sobre Literatura e Literatura infanto-xuvenil galega.
Obra
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Grandes autores para pequenos leitores. Literatura para a infância e a juventude: elementos para a construção de um cânone, 2007, Deriva Editores, Porto.
- Informe de Literatura 2006, 2007, Centro Ramón Piñeiro.
- Teatro infantil do texto á representación, 2007, Xerais.
- Do livro à cena, 2008, Deriva Editores, Porto.
- Informe de Literatura 2007], 2008, Centro Ramón Piñeiro.
- A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto.
- As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Mª Isabel Soto López e Blanca-Ana Roig
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marta Gómez (2 de maio de 2021). "Marta Neira: A rianxeira que fai bandeira da literatura". La Voz de Galicia.