Saltar ao contido

Martin Bäumle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Bäumle

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Thalwil, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello Nacional de Suíza
1 de decembro de 2003 –
Circunscrición electoral: Cantón de Zürich
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónETH Zürich Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berna Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Verde Liberal da Suíça (pt) Traducir (2004–)
Partido Verde da Suíça (pt) Traducir (–2004) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmartin-baeumle.ch… Editar o valor en Wikidata

Martin Bäumle, nado o 3 de xuño de 1964 en Thalwil, é un químico atmosférico e político suízo, presidente do Partido Verde Liberal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras rematar química na Escola Politécnica Federal de Zürich, logrou o diploma de estudos avanzados en ciencias da atmosfera. Traballou na medición e análise da contaminación atmosférica, en especial dos hidrocarburos. Entre 2003 e 2007 dirixiu a súa propia empresa, Bäumle Messungen und Beratungen.

Desde 1981 foi membro da asociación Gruppe Energie und Umwelt de Dübendorf e estivo como o seu representante na dirección do Partido Verde do cantón de Zürich. Foi deputado no Gran Consello de Zürich entre 1987 e 1995 e de novo de 1999 a 2004. Foi tamén concelleiro en Dübendorf entre 1990 e 1998, e nese ano entrou no executivo local encargándose do departamento de finanzas. Entre 1998 e 2004 foi o presidente do Partido Verde cantonal. Reelixido no goberno local de Dübendorf en 2006 e 2010.[1]

Entrou no Consello Nacional nas eleccións de 2003. No ano seguinte produciuse unha escisión nos verdes de Zürich, marchando os sectores máis liberais do partido, entre eles Bäumle, que formaron o Partido Verde Liberal de Zürich do que foi un dos copresidentes. Reelixido no Consello Nacional en 2007, estableceuse unha estrutura nacional para o seu partido, que o elixiu como presidente. Nas eleccións de 2012 o seu partido foi un dos grandes vencedores pasando de 3 deputados a 12 e o 5,4% dos votos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Walter von Arburg: Martin Bäumle: Velo fahrender Schnelldenker im Anzug.[Ligazón morta]