Martin Rios
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1981 (43 anos) Riedern, Suíza (pt) |
Educación | Swiss Federal Institute of Sport Magglingen (en) |
Altura | 180 cm |
Peso | 66 kg |
Actividade | |
Ocupación | curler (pt) |
Deporte | Curling |
Man de xogo | destro |
Participou en | |
2018 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 |
Martin Rios, nado en Riedern, Suíza, o 24 de maio de 1981, é un xogador de curling suízo, de orixe galega. Foi campión de Europa, dúas veces campión do mundo e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu en Suíza, sendo fillo de José Ríos, un inmigrante galego natural da Costiña, no Carballiño.[1][2] Comezou a súa carreira internacional no Mundial Junior 2001 como segundo no equipo de Mark Hauser, rematando na sétima posición. Na Copa Mundial Xuvenil de 2002 xogou como segundo no equipo de Andreas Hingher e quedou cuarto.
Nos Campionatos Europeos de 2007 e 2008, xogou como terceiro no equipo español e quedou duodécimo e noveno respectivamente.
Campión europeo e mundial
[editar | editar a fonte]No Campionato Europeo Mixto de 2011 xogou de novo para Suíza como segundo no equipo de Thomas Lips e gañou a medalla de ouro tras vencer ao equipo alemán de Alexander Baumann. En 2012 liderou o equipo suízo como skip e rematou oitavo. No seu primeiro campionato mundial de dobres mixtos de 2012, gañou a medalla de ouro xunto a Nadine Lehmann, derrotando na final a Suecia (Per Noréen e Camilla Johansson)[3]. Ao ano seguinte, os dous quedaron no sexto lugar. En 2014 disputou o campionato europeo mixto como terceiro no equipo de Silvana Tirinzoni e gañou a medalla de bronce tras vencer a Escocia no partido polo terceiro posto.
No Campionato Mundial Mixto de 2016 actuou como líder do equipo suízo, obtendo o quinto lugar. Na edición de 2017 proclamouse por segunda vez campión do mundo, esta vez con Jenny Perret, ao derrotar na final ao Canadá (Reid Carruthers e Joanne Courtney).[4]
Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]Rios foi elixido xunto a Jenny Perret para representar a Suíza nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, nos que se celebrou por primeira vez unha competición de dobres mixtos. Despois de rematar segundos na fase inicial, chegaron ás semifinais, onde venceron aos rusos Anastasia Bryzgalova e Alexandr Krushelnitski. Na final contra o equipo canadense de Kaitlyn Lawes e John Morris, abandonaron o partido despois da sexta entrada cun marcador de 3:10 e levaron a medalla de prata.[5]
Catro anos despois participou nos seus segundos Xogos Olímpicos, en Pequín 2022, de novo con Jenny Perret, pero só puideron ser sétimos, gañando así un diploma olímpico.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martín Ríos y su plata olímpica para Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "Martín Ríos, fillo dun emigrante galego, prata olímpica en "curling"". Radio Galega (en castelán). 14 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "Switzerland Wins Gold at World Mixed Doubles Curling Championship" (en inglés). 29 de abril de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "WM-Titel für Curler Rios und Perret" (en alemán). 30 de abril de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "Martín Ríos, suizo de origen español, plata en curling mixto". RTVE (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "Clasificacións finais" (PDF). olympics.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do deportista na Federación Mundial de Curling (en inglés).
- Datos do deportista no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do deportista en olympedia.org (en inglés).
- Nados en 1981
- Nados no cantón de Glarus
- Suízos de ascendencia galega
- Xogadores de curling olímpicos de Suíza
- Xogadores de curling nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018
- Medallistas olímpicos de prata por Suíza
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018
- Medallistas olímpicos en curling
- Xogadores de curling nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2022