Saltar ao contido

Martutene (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Martutene
Portada do libro.
Título orixinalMartutene
Autor/aRamon Saizarbitoria
OrixePaís Vasco País Vasco
Linguaéuscaro
ColecciónBakanak
Xénero(s)Novela
EditorialErein (2013)
Data de pub.2012
Páxinas782
ISBN978-84-9746-742-1
Premios
editar datos en Wikidata ]
Na novela Martutene, Martine Julia viven no barrio homónimo de Donostia

Martutene é unha novela en éuscaro de Ramon Saizarbitoria que foi publicada no ano 2012 que trata sobre as relacións de parella. Ademais a novela toca moitos outros temas, como o traballo do escritor, a medicina e a sanidade e o conflito do País Vasco, entre outros. Está ambientada en Donostia, vivindo Martín e outros personaxes no barrio de Martutene, o cal dá nome á obra. A novela Montauk de Max Frisch é a referencia principal da obra: o nome da rapaza estranxeira é Lynn, a personaxe principal do libro de Frisch.

A novela é o resultado de nove anos de traballo de Saizarbitoria, sendo publicada despois de Kandinskyren tradizioa (2003) e o traballo máis longo que escribiu. Segundo a crítica, está considerada a mellor novela da literatura éuscara dos últimos tempos.[1]

  1. Gabilondo, Joseba. "Saizarbitoria y el ángel de la historia vasca" (PDF) (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Martutene, Ficha na web da editorial Erein, xunto coa crítica da prensa. (en éuscaro)