Saltar ao contido

Maruja Pino Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaruja Pino Piñeiro
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1918 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 2010 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, poetisa Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1034943 BUSC: pino-maruja-1918-2010


Maruja Pino Piñeiro, nada en Ponteareas o 14 de xuño de 1918[1] e finada en Madrid o 28 de xuño de 2010[2], foi unha escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacida a cuarta de sete irmáns[3], comeza a estudar na escola franciscana da "Divina Pastora", e posteriormente fai o Bacharelato por libre con Jose Pino e Mariano Piñeiro Groba, abade de Angoares (Ponteareas), ata cuarto curso. Cando D. Jose é trasladado por razóns políticas, realiza os tres últimos anos interna nas Carmelitas en Vigo, logo do cal realiza a reválida na Universidade de Santiago. No quinto curso estuda as materias relacionadas con Maxisterio, logo do cal se adicaría profesionalmente á docencia durante varios anos.

Logo de contraer matrimonio, a súa primeira filla nace cunha enfermidade conxénita no corazón, polo cal abandona o seu traballo coma mestra. Despois da Guerra Civil foi represaliada por mor das súas ideas políticas.

Faleceu aos 92 anos en Madrid, onde vivía cunha filla. Os seus restos están soterrados na súa vila natal.

Actividade cultural

[editar | editar a fonte]

Interesáballe a poesía, xénero que escribía dende os catorce anos, a investigación e a historia, temas sobre os que publicou varios artigos en revistas e libros. A súa obra figura na Antoloxía (1988) de Elisa Vazquez de Guey, Mulleres salientadas de Galicia (1990), e no libro de Xesús López Fernández Poemas á Nai, que ao longo de mil páxinas recolle poemas compostos á figura da nai por autores galegos, tanto residentes no país como na diáspora.

Foi convidada a diversos Xogos Florais e colaborou en temas relacionados coa historia e a literatura na radio e televisión locais así coma nos xornais Pobo Galego (hoxe desaparecido), La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Lonxe da Terriña, A Peneira e Alandar, de Madrid.

A súa poesía O Condado foi musicada por Miguel Groba, director da Orquestra de Cámara e Coro da Comunidade de Madrid, sendo estreada en Salamanca, Madrid e Ponteareas.

Maruja Pino dedicouse desde moi moza a labores humanitarios, centrándose en Cáritas, e foi presidenta na súa comarca da Asociación Española contra o Cancro.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No 1991 o Concello de Ponteareas outorgoulle a Medalla de Prata e Diploma polos traballos de toda unha vida adicada á investigación. En outubro do ano seguinte foille imposta en Pontevedra a Medalla da Asociación Española contra o Cancro polo seu labor humanitario. O 22 de xuño de 1997 a Orde de Cabaleiros de San Miguel outorgoulle no Hotel Mondariz Balneario un premio polos seus traballos de investigación e literarios. Así mesmo recibiu o Diploma e Medalla de Fermín Bouza Brey polos estudos biográficos sobre este ponteareán, e o Diploma dos Pais Franciscanos pola súa colaboración na restauración do Convento.

O domingo 18 de maio do 2008 foi a encargada de ler o pregón do Corpus na súa Ponteareas natal.[4]

  • Un libro y una flor (1977)
  • El marinero del canero maruxa (1979)
  • Edu y sus travesuras (1982)
  • Todo mi sentir (1983)
  • La princesa de la rosa blanca (1984)
  • Datos historicos turisticos de Ponteareas y el Condado (1981)
  • Pedro quiere un libro de animales (1986)
  • El Castillo de Villasobroso y su historia (1987)
  • Manual de buenas costumbres (1990)
  • El Corpus de Ponteareas y su historia (1991)
  • Los Vieitez de Puga (1996)
  • As azas do vento, poesía.
  • Sombras do meu lecer
  • Ponteareas ayer y hoy
  • Mondaríz Balneario
  • Poemas de amor
  • Qué vamos facer co noso Manoliño, teatro
  1. Na páxina http://www.galegos.info/detalle.php?id=202&tabla=galegos dá 1920 como ano de nacemento.
  2. "Profundo dolor en Ponteareas por la muerte de Maruja Pino". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  3. Biografía en Galegos.info
  4. "La escritora Maruja Pino será pregonera del Corpus Christi". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-04-18. Consultado o 2022-04-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]