Marun Laham
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1948 ![]() Irbid, Xordania (pt) ![]() ![]() |
President of the Conference of Bishops of the North African Region (en) ![]() | |
1 de marzo de 2012 – 21 de novembro de 2012 | |
Bispo auxiliar | |
19 de xaneiro de 2012 – 4 de febreiro de 2017 Diocese: Patriarcado Latino de Xerusalén | |
Arcebispo titular | |
19 de xaneiro de 2012 – Diocese: titular see of Medaba (en) ![]() | |
Archbishop of the Roman Catholic Archdiocese of Tunis (en) ![]() | |
22 de maio de 2010 – ← sen valor – Hilário Antoniazzi (pt) ![]() Diocese: Arquidiocese de Tunes (pt) ![]() | |
Bispo de Tunes | |
8 de setembro de 2005 – ← Fuad Tual – Supresión do cargo → Diocese: Diocese de Tunes ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2005–), sacerdote católico (1972–), profesor universitario ![]() |
Consagración | Michel Sabbah ![]() |
Marun Laham (en árabe: مارون لحّام, "Mārūn Laḥḥām"), nado o 20 de xullo de 1948 en Irbid (Xordania), é un eclesiástico católico latino árabe, arcebispo de Tunes entre 2005 e 2012, e vigairo patriarcal en Xordania entre 2012 e 2017
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Irbid, o 20 de xullo de 1948. Entre 1961 e 1972 estudou Filosofía e Teoloxía no seminario patriarcal de Bait Xala. O 24 de xuño de 1972 foi ordenado sacerdote do patriarcado latino de Xerusalén polo patriarca Giacomo Giuseppe Beltritti.
Entre 1972 e 1975 foi vigairo parroquial de Cristo Rei en Amán, e entre 1975 e 1976 vigairo parroquial en Al-Fuhais. Marchou como misioneiro fidei donum a Dubai, onde atendeu ás diferentes comunidades cristiás. Volveu en 1979 a Amán como vigairo, e entre 1981 e 1988 foi párroco en Madaba.
Entre 1988 e 1992 doutorouse en Teoloxía pastoral pola Pontificia Universidade Lateranense, cunha tese sobre a catequese de adultos no territorio patriarcal, e á súa volta a Xerusalén foi encargado de dirixir as escolas patriarcais até 1994, e posteriormente foi reitor do seminario de Bait Xala.
O 8 de setembro de 2005 foi nomeado bispo de Tunes polo papa Bieito XVI. Recibiu a conagración episcopal de mans do patriarca Mixail Saba o 2 de outubro. Cando a sé foi elevada a arquidiocese o 22 de maio de 2010, pasou a ser o seu arcebispo.
O 19 de xaneiro de 2012 Bieito XVI nomeouno vigairo patriarcal de Xordania, arcebispo auxiliar de Xerusalén e arcebispo titular de Medaba. Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 4 de febreiro de 2017.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Fuad Twal |
Bispo de Tunes 2005 - 2010 |
Sucesor: (Elevación da sé) |
Predecesor: (Elevación da sé) |
Arcebispo de Tunes 2010 - 2012 |
Sucesor: Ilario Antoniazzi |
Predecesor: Salim al-Sair |
Bispo auxiliar de Xerusalén Vigairo patriarcal para Xordania 2012 - 2017 |
Sucesor: Wiliam Xumali |