Maruxa Barrio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Maruxa Barrio Val ![]() 12 de setembro de 1949 ![]() Berredo, España ![]() |
Morte | 1 de xaneiro de 2023 ![]() Cangas, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Escritora e mestra |
Familia | |
Cónxuxe | Henrique Harguindey ![]() |
Fillos | Breixo Harguindey Barrio ![]() |
![]() ![]() |
Maruxa Barrio Val, nada en Berredo (Agolada) o 12 de setembro de 1949, e finada en Cangas o 1 de xaneiro de 2023,[1] foi unha mestra e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trasladouse coa familia primeiro a Ferrol e despois a Coruña. integróuse no Teatro Circo dirigido por Manuel Lourenzo. Aprobou as oposicións a Maxisterio en 1978 e foi mestra nos colexios públicos de Nazaret (Cangas), O Hío, San Roque (Darbo) e no IES Monte Carrasco, centro do que foi directora. En 1982 participou na fundación da Asociación Cívico-Cultural Xiria e despois na Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas.[2]
Preocupada pola docencia infantil en galego, publicou en colaboración con Henrique Harguindey Textos pra o ensino de galego (1976), Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) e Contos populares (1983), reeditado en 1994 como Antoloxía do conto popular galego.[3] En 1979 publicou Xeografía descriptiva de Galicia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/94/Biblioteca_B%C3%A1sica_da_Cultura_Galega%2C_18%2C_Contos_Populares%2C_Maruxa_Barrio_e_Enrique_Harguindey.jpg/175px-Biblioteca_B%C3%A1sica_da_Cultura_Galega%2C_18%2C_Contos_Populares%2C_Maruxa_Barrio_e_Enrique_Harguindey.jpg)
Obra
[editar | editar a fonte]- Textos pra o ensino de galego (1976)
- Xeografía descriptiva de Galicia (1979)
- Lerias e enredos para os máis pequenos (1981)
- Contos populares, Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983)
- Antoloxía do conto popular galego (1994)
- O mal do zapateiro e outros contos (1998)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Henrique Harguindey. O autor de banda deseñada Breixo Harguindey é o fillo deles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece la profesora y escritora Maruxa Barrio". Faro de Vigo. 1 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Maruxa Barrio, muxica leda". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2023. Consultado o 18 de decembro de 2023.
- ↑ isbns.net (ed.). "Books by Maruxa Barrio Val". Consultado o 20 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 73. ISBN 84-8288-019-5.