Mary Leakey
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1913 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 9 de decembro de 1996 ![]() Nairobi, Kenya ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Antropoloxía ![]() |
Ocupación | antropóloga, paleoantropóloga, bióloga, prehistoriador, arqueóloga, paleontóloga ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Louis Leakey (1936–1972), morte do cónxuxe ![]() |
Fillos | Jonathan Leakey, Richard Leakey, Philip Leakey ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, ![]() Women Anthropologists: A Biographical Dictionary (en) ![]() Women In Science, (p.115) ![]() |
![]() |
Mary Leakey ou Mary Douglas Nicol cando solteira, nada o 6 de febreiro de 1913 e finada o 9 de decembro de 1996, foi unha antropóloga británica que, xunto con outros investigadores, descubriu na illa de Rusinga, o primeiro resto fósil, un cranio, dun antepasado do simio (un exemplar de Procónsul, extinguido no Mioceno).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun pintor paisaxista, pasou a súa mocidade en Francia, en 1926 volveu a Londres e en 1930 realizou un curso universitario de arqueoloxía e xeoloxía. Coñeceu a Louis Leakey en 1933 en Cambridge, e casou con el en 1936. Traballou en colaboración co seu home na garganta de Olduvai gran parte da súa carreira, descubrindo ferramentas e fósiles de antigos homínidos. Famosa tamén por descubrir en 1978 as pegadas de dous Australopithecus afarensis, fosilizadas en Laetoli, Tanzania. O seu fillo, Richard Leakey, é igualmente un paleontologo brillante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)