Saltar ao contido

Mary Oyaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Oyaya

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Mombasa, Kenya Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata

Sitio webmaryoyaya.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1001615 Editar o valor en Wikidata

Mary Oyaya nada en Mombasa é unha actriz kenyana recoñecida polo seu papel como a Mestra Jedi Luminara Unduli en Star Wars Episode II: Attack of the Clones e en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É a maior de catro irmáns e é filla de diplomáticos. Graduouse na "Alliant International University" en Relacións Internacionais e foi galardoada con dous graos de mestría en Relacións Internacionais e o Desenvolvemento Social Internacional pola Universidade de Nova Gales do Sur (UNSW) en Sidney (Australia), país no que reside actualmente[1].

A súa carreira comezou con anuncios de televisión, pasando despois á pequena e á gran pantalla con papeis en filmes como Lost Souls, Farscape, Canguro Jack, Matrix Reloaded e Matrix Revolutions.

O punto de inflexión na súa carreira chegoulle no 2002 cando foi elixida para desempeñar un papel Star Wars Episode II: Attack of the Clones e en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith. Inicialmente tiña que interpretar a un dos senadores do "Senado Galáctico" en Coruscant, pero máis tarde decidiron que fixera de Luminara Unduli, a Mestra Jedi e Xeneral da República Galáctica.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
2010 ITW narradora en voz Documental (Tradución ó galego:Imaxe do mundo)
2005 Star Wars Episode III: Revenge of the Sith Luminara Unduli
2003 Matrix Revolutions Soldado de Sión
2003 Matrix Reloaded Soldado de Sión
2002 Star Wars Episode II: Attack of the Clones Luminara Unduli
2001 Farscape Figurante
2001 Canguro Jack Figurante
1999 Lost Souls Figurante
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2010. Consultado o 12 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]