Mary Quant
Nome orixinal | (en) Dame Barbara Mary Quant |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (mul) Barbara Mary Quant 11 de febreiro de 1930 Blackheath (Reino Unido) |
Morte | 13 de abril de 2023 (93 anos) Farley Green (Reino Unido) |
Educación | Goldsmiths, Universidade de Londres (–1955) Blackheath High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda |
Ocupación | deseñador de moda |
Período de actividade | (Con vida en: 1955 ) |
Familia | |
Cónxuxe | Alexander Plunket Greene (1957–1990), morte do cónxuxe |
Fillos | Orlando Plunket Greene |
Pai | Jack Quant |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | maryquant.co.uk |
Mary Quant, nada o 11 de febreiro de 1930 en Blackheath (Londres), e finada o 13 de abril de 2023 en Farley Green, unha aldea de Albury (Surrey), foi unha deseñadora de moda británica, coñecida pola creación da minisaia.
Biografía
[editar | editar a fonte]Foi unha das participantes na creación da minisaia. Nacida en Londres, Quant estudou ilustración na Universidade de Goldsmith, antes de obter un posto cun modisto. En outubro de 1955, asociada con seu marido Alexander Plunket Greene, e o seu contábel Archie McNair, abriu unha boutique de vestidos en Kings Road, Londres: o "Bazaar". Logo de ter boas vendas mercé un modelo innovador de pixamas, e estando insatisfeita coa variedade de vestidos que se lle presentaban, Mary Quant decidiu crear a súa propia liña de roupa. Traballando ao comezo soa, logo empregou un puñado de maquinistas; en 1956 traballaba xa con dezaoito fabricantes diferentes en concorrencia.
Creación da minisaia
[editar | editar a fonte]As súas saias fóronse volvendo de cada vez máis curtas desde 1958 — un desenvolvemento que consideraba práctico e liberador, que permitía ás mulleres correr tras un autobús... A minisaia, que a fixo célebre, converteuse na referencia da moda dos anos 1960. A minisaia foi tamén desenvolvida por André Courrèges, existindo certas faltas de acordo que impiden dicir quen tivo a idea primeiro. Mary Quant deulle nome á minisaia polo do seu coche preferido: o Mini.
En 1961, Quant abriu un segundo "Bazaar" en Knightsbridge e cara 1965 exportaba para os Estados Unidos de América. Para facer fronte á demanda, Quant pasou á produción en masa, pondo en marcha o grupo Ginger. A popularidade de Mary Quant estaba no cénit nos anos 1960, época na que produciu a aínda máis curta micro-minisaia, a maquillaxe tipo "bote de pintura", e as gabardinas impermeábeis de plástico. Foi sinalada como líder da moda extra-parisiense.
En 1966, foi nomeada membro da Orde do Imperio Británico (Order of the British Empire) polos servizos emprestados na industria da moda.
A fins dos anos 1960, Quant lanzou o mini-pantalón (short ou « hot pants »), a súa última innovación importante na moda. Durante os 70 e 80, interesouse polos accesorios domésticos e a maquillaxe.
Interiorismo de automóbiles
[editar | editar a fonte]En 1988, Mary Quant deseñou o interior do novo Mini 1000 Designer (Orixinariamente chamado Mini Quant, mais mudóuselle o nome, cando se comprobou que ía contra a súa popularidade o feito de que seu nome o ostentara un automóbil). Tiña asentos raiados en branco e negro cun taboleiro de bordo vermello. Os cintos de seguranza eran vermellos; os asentos ían asinados na esquerda da parte alta; tamén o volante levaba a sinatura de Mary Quant. Os faros, os garda-lamas, os tiradores das portas e os para-choques ían en gris-mate, en vez dos clásicos acabados negros ou cromados. 2000 vehículos estiveron dispoñíbeis á venda en Gran Bretaña desde o 15 de xuño de 1988 ; un certo número de minis suplementarios foron fabricados para os mercados estranxeiros. A serie especial do mini foi presentada en dúas cores, negro e branco-leite.
Quant é membro da Chartered Society of Designers, e galardoada coa Minerva Medal (Medalla Minerva), a recompensa máis valiosa desa sociedade.
No 2000, renunciou como directora de Mary Quant Ltd., a súa compañía de cosméticos, logo da compra da mesma por xaponeses. Hai hoxe 200 boutiques coas cores de Mary Quant no Xapón, onde a moda Quant mantén certa popularidade.