Saltar ao contido

Maryfran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maryfran
Historial
Características xerais

O Maryfran era un barco pesqueiro da Coruña afundido o 20 de setembro de 1957 nas illas Farallóns de San Cibrao.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O barco, de 54 toneladas, dirixíase de Ribadeo á Estaca de Bares, e viuse obrigado a minorar a velocidade por mor da néboa. Embicou nas illas Farallóns ás seis e media da tarde. Afundiu debido ás numerosas vías de auga producidas no choque. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados pola embarcación de Celeiro La Graciosa pouco antes do seu afundimento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]