Saltar ao contido

Massimo Spadano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMassimo Spadano
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Lanciano, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista, director de orquestra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOrquestra Sinfónica de Galicia, Concertino Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata

Facebook: massimo.spadano Discogs: 1119144 Editar o valor en Wikidata

Massimo Spadano, nado en 1968 en Lanciano (provincia de Chieti) é un violinista e director de orquestra italiano.

Desde 1994, é o concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia humilde da rexión dos Abruzos, fillo de camioneiro e ama de casa, ten outros catro irmáns. A música chegoulle por casualidade: cando tiña oito anos a súa nai anotouno a clases de piano logo de que unha veciña apuntase a súa filla, para que acompañase a esta. No seu camiño na música sempre tivo o apoio familiar, que nunca puxeron tachas ás profesións elixidas polos seus fillos. A pesar das dificultades económicas, conseguiu entrar ao conservatorio de Pescara, e alí unha profesora, Eleanora Pontano, deulle o empurrón final na súa carreira.[1]

Aos 18 anos foi integrante da European Community Youth Orchestra, o que lle permitiu seguir aprendendo e tamén coñecer mundo.[1][2]

Diplomouse en violín en Italia e ampliou estudos na Universidade de Utrecht (Países Baixos) con Viktor Liberman e Philippe Hirschhorn, graduándose cum laude. Obtivo o seu diploma en dirección de orquestra con Donato Renzetti na Accademia Musicale Pescarese.[1][3]

En 1994, o daquela director da Orquestra Sinfónica de Galicia Víctor Pablo Pérez (hoxe director de honra), chamouno para entrar na nova formación como concertino. Elixiu A Coruña pese a ter ofertas de Lión, Lausanne, Colonia e Madrid. Non se arrepentiu: «pensaba quedarme dous anos e levo 16», manifestou.[1]

Desde o ano 1994 é o violín-concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia, e desde 1995 o director musical e artístico da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, coa que dirixiu obras do clasicismo e tamén de Igor Stravinski e contemporáneos españois.[3][4][5] Tamén actuou como director da Orquestra Sinfónica del Vallès, de Sabadell.[2]

Compromisos como director invitado levárono por toda Europa, así como a ambas as Américas, Asia, África e o Próximo Oriente.[3] Como concertino colaborou, entre outras orquestras, coa Orchestre National de Lyon, a Accademia Nazionale di Santa Cecilia de Roma, a Orchestre de Chambre de Lausanne, a Ciudad de Granada, a Sinfónica de Tenerife, a do Gran Teatre del Liceu de Barcelona, e con grupos barrocos como o Ensemble Baroque de Limoges, o Ensemble Zefiro, o Hesperion XX e o Concert des Nations, con Jordi Savall.[2]

Dedicou gran parte do seu tempo á práctica histórica da interpretación con instrumentos orixinais en varias edicións do repertorio barroco, realizadas coa Camerata Anxanum, que fundou e dirixe.[3] Neste sentido cómpre destacar que en 2015 foi nomeado novo director titular da orquestra Acadèmia 1750, unha formación nacida co obxectivo de subministrar ao Festival de Música de Torroella de Montgrí (Girona) un instrumento musical propio. Esta formación catalá, tradicionalmente asociada ao festival de Músiques de Torroella, comeza unha nova etapa independente de Joventuts Musicals de Torroella de Montgrí e do citado festival, centrándose nun repertorio clásico e prerromántico. Así e todo, continuará colaborando co certame do Empordà. Spadano declarou que quere converter Acadèmia 1750 «nunha orquestra profesional de alto nivel, que traballe nunha liña que vai de 1750 cara a arriba, o clasicismo e o prerromanticismo» e que á vez «deberá traballar obras clave do clasicismo e, por tanto, tamén o repertorio de 1750 a 1810».[4]

Participou en numerosos festivais e gravou para diversos selos discográficos, desde Deutsche Grammophon a Sony ou Naxos.[3][4]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Spadano está casado coa soprano española María José Moreno, e viven en Oleiros (A Coruña). Teñen dous fillos que falan castelán e italiano, e aprenden galego e inglés.[1]

Algunhas gravacións

[editar | editar a fonte]
  • Johann Friedrich Reichardt: Lieder & Sonaten. Isabelle Poulenard, Massimo Spadano, Arthur Schoonderwoerd, Laurent Stewart. Auvidis Astree, 1999.
  • Juan Crisóstomo Arriaga (1806-1826): String Quartets. Camerata Boccherini: Massimo Spadano (violín I), Mauro Rossi (violín II), David Quiggle (viola), Luigi Piovano (cello). Naxos, 2003.
  • Johann Friedrich Fasch (1688-1758) & Carl Friedrich Christian Fasch: Concerts & Ouvertures. Zefiro, Gabriele Cassone, Massimo Spadano, Alberto Grazzi, Paolo Grazzi, Alfredo Bernardini. Sony, 2008.
  • Alejandro Román : El perfecto dedconocido (Banda sonora original). Galicia Film Orchestra. dir. Massimol Spadano. Nuba Records, S. L., 2012.
  • Stefano Pavesi (1779-1850) Ser Marcantonio, Ópera. Massimo Spadano, dir. Naxos, 2013 (World Premiere Register).

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Xurxo Lobato,"Un proletario del violín" Diario El País. Ed. Galicia, 21-11-2009.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Massimo Spadano Arquivado 05 de febreiro de 2005 en Wayback Machine. en Are-More.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Biografía en Naxos.
  4. 4,0 4,1 4,2 "El violinista Massimo Spadano, nuevo director de la orquesta Acadèmia 1750" Diario La Vanguardia, Barcelona, 9-07-2015.
  5. Massimo Spadano, violín-concertino, na web da OSG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]