Matavenero
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | Torre del Bierzo | |||
Entidade singular | Q79843608 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24370 | |||
Matavenero é unha localidade do concello de Torre del Bierzo, na comarca do Bierzo (León, Castela e León). Segundo o padrón municipal (INE 2012) conta con 84 habitantes (46 homes e 38 mulleres), o que supón unha diminución en 3 habitantes en relación ao ano anterior.[1]
Localización
[editar | editar a fonte]Pódese acceder desde a antiga estrada N-VI (A Coruña-Madrid), desviándose cara a vila de San Andrés de las Puentes e de aí a San Facundo. Tras esta vila acábase a estrada e comeza un camiño de montaña non apto para automóbiles. Tamén se pode acceder desde a estrada Astorga-Ponferrada (Camiño de Santiago) nun desvío a través de pista forestal, preto de Foncebadón ou unha vez pasado Molinaseca tomando a estrada de Onamio e continuando cara a Paradasolana e continuando por pista forestal.
Historia
[editar | editar a fonte]No século XIX pertenceu ao desaparecido concello de Alvares de la Ribera (hoxe localidade chamada Albares de la Ribera). Quedou deshabitado a finais dos anos 1960, até que en 1989 varias persoas de distintas nacionalidades establecéronse nesta localidade e na próxima de Poibueno, intentando crear o que chamaron aldea ecolóxica ou ecoaldea,[2] organizándose en Xunta Veciñal.
Tras solucionar problemas básicos como a auga potable (subministrada por regos de montaña) e a subministración enerxética (principalmente a través de placas solares), a poboación creceu, creándose unha serie de negocios artesanais e agrícolas (comerciando nas feiras e mercados das vilas e cidades próximas, principalmente Ponferrada e Astorga), á vez que conta con panadería, tenda e un pequeno restaurante.
Desde a súa recuperación como vila habitada, naceron máis de 30 nenos, polo que ao sumarse os residentes en Matavenero, fíxose necesaria a creación dunha escola, á que chaman “escola libre”.
A circulación de vehículos de motor está prohibida na localidade e conta con zona de acampada libre, para visitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- matavenero.org (en castelán)