Mateus Evangelista Cardoso
![]() ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1994 ![]() Porto Velho, Brasil ![]() | ||||||||||||||||
Altura | 176 cm ![]() | ||||||||||||||||
Peso | 73 kg ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | atleta ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | atletismo ![]() | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | T37 (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Adestrado por | Amaury Wagner Verissimo (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
|
Mateus Evangelista Cardoso, nado en Porto Velho o 15 de febreiro de 1994, é un atleta paralímpico brasileiro con parálise cerebral.[1] Compite en varias probas de atletismo da clasificación T37. Representou ao Brasil nos Xogos Paralímpicos de Verán 2016 celebrados en Río de Xaneiro e gañou a medalla de prata na proba masculina de salto de lonxitude T37. Tamén terminou en cuarto lugar na proba dos 100 metros T37.[2]
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Evangelista ten parálise cerebral conxénita, que no seu caso afecta o lado dereito do corpo. Comezou a practicar atletismo á idade de 13 anos. Tamén xogou fútbol 7 e participou neste deporte durante os Xogos Xuvenís Parapanamericanos de 2009.[1]
Representou ao seu país nos Xogos Parapanamericanos 2015 celebrados en Toronto (no Canadá) e gañou a medalla de ouro na proba de salto de lonxitude[3] e nas de 100 m e 200 m, ámbalas dúas da clase T37.[4]
No Campionato do Mundo de Atletismo Paraolímpico 2017 de Londres gañou a medalla de ouro no evento T37 de 100 metros masculino, a medalla de prata no evento T37 de 200 metros masculino e tamén a medalla de prata no evento T37 de salto de lonxitude masculino. Dous anos despois, no Campionato do Mundo de 2019, gañou a medalla de prata no evento T37 de salto de lonxitude masculino e clasificouse para representar ao Brasil nos Xogos Paralímpicos de Verán 2020 en Toquio, no Xapón.
Tamén participou nos Xogos Parapanamericanos 2019 en Lima (no Perú), onde gañou a medalla de ouro nos 100 metros e a de prata nos 200 metros e no salto de lonxitude.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mateus Evangelista Cardoso". paralympic.org (en inglés). International Paralympic Committee. Consultado o 26 de decembro de 2019.
- ↑ "Mateus Evangelista leva a prata no salto em distância na classe T37". O Dia - legado Paralimpíada (en portugués). 13 de setembro de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ Pavitt, Michael (10 de agosto de 2015). "Cuban becomes fastest female Para-athlete at Parapan American Games". insidethegames.biz (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2020.
- ↑ Etchells, Daniel (11 de agosto de 2015). "America's Wallace breaks 100m world record to strike gold at Parapan American Games". insidethegames.biz (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2020.