Matias Varela
Aparencia
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1980 (44 anos) Estocolmo, Suecia |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 2000 - |
Louis Matias Karl Padin Varela, nado en Estocolmo o 23 de xuño de 1980, é un actor sueco de pais galegos.[1] Creceu en Södermalm ó sur de Estocolmo, e as súas interpretacións de máis sona son as de Miguel Santos en Nya tider, Jorge Chávez na serie Arne Dahl, Jorge Salcedo na terceira tempada da serie de televisión Narcos e Jorge Salinas nos filmes de Snabba Cash.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de cambadeses,[2] segundo as súas declaracións de pequeno non se consideraba sueco nin eles considerábano sueco, chamábanlle "cabeza negra". Conta igualmente que «ser inmigrante no norte de Europa é unha cousa complicada». Traballou dez anos de albanel e fala con fluidez sueco, galego, español e inglés.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas[4] |
---|---|---|---|
2004 | Fröken Sverige | Hector | Xunto con Alexandra Dahlström, Sverrir Gudnason e Sebastian Ylvenius |
2005 | Stockholm Boogie | Sofo | Xunto con Erik Johansson, Jens Malmlöf e Maria Lindström |
2005 | Storm | Knugen | Xunto con Joel Kinnaman, Eric Ericson, Eva Röse e Jonas Karlsson |
2010 | Snabba Cash | Jorge Salinas Barrio | Xunto con Joel Kinnaman, Dragomir Mrsic, Dejan Čukić, Lisa Henni e Fares Fares |
2011 | En gång i Phuket | Jean Luc | Xunto con Peter Magnusson, Alexandra Rapaport e Frida Hallgren |
2011 | Arne Dahl: Misterioso | Jorge Chávez | Xunto con Shanti Roney, Malin Arvidsson, Magnus Samuelsson, Claes Ljungmark, Niklas Åkerfelt e Irene Lindh |
2012 | Arne Dahl: Ont blod | Jorge Chávez | Xunto con Shanti Roney, Malin Arvidsson, Magnus Samuelsson, Claes Ljungmark, Niklas Åkerfelt e Irene Lindh |
2012 | Snabba Cash II | Jorge Salinas Barrio | Xunto con Joel Kinnaman, Lisa Henni, Fares Fares, Dejan Čukić e Madeleine Martin |
2013 | Fjällbackamorden: I betraktarens öga | Bo Hamrin | Xunto con Richard Ulfsäter, Emma Swenninger e Sofia Zouagui |
2013 | Snabba Cash - Livet Deluxe | Jorge Salinas Barrio | Xunto con Joel Kinnaman, Malin Buska, Martin Wallström, Dejan Čukić e Madeleine Martin |
2015 | Point Break | Grommet | Xunto con Luke Bracey, Teresa Palmer, Édgar Ramírez, Ray Winstone, Tobias Santelmann e Delroy Lindo |
2016 | Assassin's Creed | Emir | Xunto con Michael Fassbender, Marion Cotillard, Ariane Labed, Brendan Gleeson e Jeremy Irons |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2000 | Nya tider | Miguel "Mischa" Santos | 40 episodios |
2011 | Covert Affairs | - | episodio "The Wake-Up Bomb" |
2012 | Arne Dahl: Upp till toppen av berget | Jorge Chávez | 2 episodios - miniserie |
2012 | Arne Dahl: De största vatten | Jorge Chávez | 2 episodios - miniserie |
2012 | Arne Dahl: Europa blues | Jorge Chávez | 2 episodios - miniserie |
2013 | The Borgias[5][6] | Fernando II de Aragón | 4 episodios |
2014 | Ettor & Nollor | Nicola | 2 episodios - miniserie |
2017 | Narcos | Jorge Salcedo | Terceira tempada |
2019 | Blinded | Peder Rooth | Papel principal |
2020 | Raised by Wolves | Lucius | Papel recorrente |
2021 | Hierro | Gaspar Cabrera | Segunda tempada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hasta hace cuatro años era un “cabeza negra” (inmigrante) en Suecia. Yo me siento cambadés" (en castelán). Diario de Arousa. 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ "Matías Varela: «Esta fiesta la celebramos muy duro»". La Voz de Galicia. 30 de xullo de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ "Hablamos con los nuevos villanos de 'Narcos' en el rodaje de la serie en Colombia".
- ↑ Agentfirman Planthaber - Kildén - Mandic | Actor Filmography | Matias Varela
- ↑ The Borgias Offical Website (Showtime)
- ↑ "The Borgias Official Website (Bravo!)". Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matias Varela |