Matilde González Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1878 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 17 de marzo de 1937 ![]() Lavadores, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornaleira ![]() |
![]() |
Matilde González Rodríguez, nada en Vigo cara a 1878 e finada no mesmo concello o 17 de marzo de 1937, foi unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballaba de xornaleira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ocultou na súa casa de Cabral varios fuxidos, construíndo unha cova. Detida o 15 de marzo de 1937 polo capitán da Garda Civil Francisco González Rodríguez “O Rabioso”, foi asasinada polos franquistas no Cemiterio de Lavadores o 17 de marzo, xunto co seu fillo Alfredo Fernández González e Mercedes Posada González o seu irmán Paulino Posada González e o seu fillo Alfonso Fernández Posada. En febreiro de 1940 foi condenada polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña á sanción de 1.000 pesetas de multa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5.