Saltar ao contido

Matriz antidiagonal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En matemáticas, unha matriz antidiagonal é unha matriz cadrada onde todos os elementos son cero, excepto os da diagonal que vai dende a parte inferior esquerda ata a parte superior dereita (↗), coñecida como antidiagonal.[1]

Definición formal

[editar | editar a fonte]

Unha matriz n-por-n A é unha matriz antidiagonal se o elemento é cero

Padrón de simetría dunha matriz persimétrica 5 × 5

Un exemplo de matriz antidiagonal é

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Todas as matrices antidiagonais tamén son persimétricas (simétricas en relación ás perpendiculares da antidiagonal).

O produto de dúas matrices antidiagonais é unha matriz diagonal. A maiores, o produto dunha matriz antidiagonal cunha matriz diagonal é antidiagonal, así como o produto dunha matriz diagonal cunha matriz antidiagonal.

  1. "Anti-diagonal matrix". PlanetMath. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]