Saltar ao contido

Matusa Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatusa Barros

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Matusa Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoMatilde Barros Arias de Castro
27 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista Editar o valor en Wikidata

Páxina webmgoleta2.webcindario.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1114792 BUSC: barros-matusa-1954 Dialnet: 3174811


Matusa Barros Arias de Castro, nada en Vigo o 27 de marzo de 1954[1], é unha artista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Terceira dos sete fillos[2] do médico pediatra Guillermo Barros Cuiñas e de Asunta Arias de Castro Sánchez, profesora de piano no Conservatorio de Música de Vigo. En 1974 deixou a universidade e un traballo permitiulle empezar a viaxar polo mundo. A finais dos 70 volveu aos estudos e graduouse en Artes aplicadas na Escola de Artes Mestre Mateo en Santiago de Compostela. A partir de aí elixiu a súa formación asistindo a cursos e obradoiros. Así, desde a XIII Experiencia de Tecnoloxía e Escola Libre do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos (1984), obradoiros de vídeo e televisión da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) na Coruña (1986-87), de realidade virtual na (QUAM 95) Quincena de Arte de Montesquiu (Barcelona), de artes visuais no Centro Galego de Arte Contemporánea (1997), de cibercultura na UIMP en Santander (1999) e unha serie de cursos de informática entre outros, orientaron o seu interese pola imaxe cara á fotografía, o vídeo, a escultura e o net.art.

En 1984 asistiu ao I Festival Nacional de Vídeo no Círculo de Belas Artes de Madrid que lle descubriu o mundo do vídeo, o seu primeiro traballo escrito[3] publicado este mesmo ano titúlase así. En 1988 recibiu unha bolsa da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que sufragou gran parte da súa primeira cámara e comezou a crear a súa propia videografía.[4] En 1995 a H. Associació per a les Arts Contemporànies outórgalle unha bolsa para a súa estancia en Montesquiu para a Quam e en 1999 a UIMP outórgalle unha bolsa para a súa estancia en Santander. Ao mesmo tempo fixo traballos de xestión no mundo da arte, organizando mostras de vídeo entre outros. En 1990 creou o taller de vídeo experimental Freecauce. Colaborou en prensa e revistas especializadas e autoeditou un libro de poesía en castelán titulado Allí en la sombra[5] (1998), tamén desenvolveu actividade docente.

Participou [6] en festivais de vídeo e exposicións de artes visuais en Galicia, Madrid, Euskadi, Cataluña, Andalucía, Francia, Alemaña, Inglaterra, Estados Unidos de América[7], Portugal[8] e na World Wide Web[9].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]