Maurice Prou
![]() Maurice Prou en (1925) [1] | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1861 Sens, Francia ![]() |
Morte | 4 de outubro de 1930 (68 anos) Néris-les-Bains, Allier. |
Director École des chartes (pt) ![]() | |
1916 – 1930 ← Paul Meyer (pt) ![]() ![]() | |
Presidente Q65972623 ![]() | |
Presidente Société de l'École des chartes (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | École nationale des chartes. |
Tese académica | Les Coutumes de Lorris et leur propagation aux XIIe et XIIIe siècles (en) ![]() ![]() |
Q89547790 | Director de Revue numismatique. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia do Dereito, paleografía, numismática, historia da arte. |
Ocupación | historiador do dereito, paleógrafo, numismático, historiador da arte ![]() |
Empregador | Académie des inscriptions et belles-lettres. École française de Rome . Académie royale des sciences, des lettres et des beaux-arts de Belgique. Comité des travaux historiques et scientifiques. |
Membro de | Société de l'histoire de France. Société archéologique de Sens. Société française de numismatique. Société historique du VIe arrondissement de Paris. Société nationale des antiquaires de France. |
Alumnos | François Deshoulières (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Léontine Marie Marguerite Potier (1888). ![]() |
Premios | |
(1898): Premio Baron-de-Courcel. (1921): Oficial da Lexión de Honra. Comendador da Orde de Leopoldo. | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() | |
Jean Maurice Prou,[2][3] nado en Sens, Yonne, o 28 de decembro de 1861 e finado en Néris-les-Bains, Allier, o 4 de outubro de 1930, foi un historiador do Dereito e das institucións, arquiveiro paleógrafo, diplomatista e numismático francés.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maurice Prou naceu o 28 de decembro de 1861 en Sens, unha vila do departamento de Yonne, a uns 100 quilómetros ao sueste de París, fillo de Edmée Marie Alix Tambour e do notario Maurice Laurent Louis Prou.[2] Prou comezou en 1880 os seus estudos superiores na École des chartes, onde se graduou o 22 de xaneiro de 1884 cunha tese titulada Les Coutumes de Lorris et leur propagation aux XIIe et XIIIe siècles ("Os costumes de Lorris e a súa propagación nos séculos XII e XIII").[5][6]
Logo dunha estadía dun ano na Escola Francesa de Roma (1884-1885), durante o que traballou nos arquivos do papa Honorio IV, ingresou no Gabinete de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia,[7] co apoio de Ernest Babelon.[2][8] Nesa institución compuxo os seus principais volumes de carácter numismático e filolóxico, entre os que cómpre salientar o Catalogue des monnaies mérovingiennes et carolingiennes de la Bibliothèque Nationale, publicado en dous volumes ene 1892 e 1896, no que estuda e cataloga máis de 4.000 moedas da colección desa institución.[5][9]
A erudición de Prou xa quedara de manifesto desde a publicación do seu Manuel de paléographie ("Manual de paleografía") en 1890,[10] destinado a completar o Manuel de diplomatique ("Manual de diplomática") do seu predecesor no Gabinete, e que acadou unha influencia extraordinaria. De ser un manual elemental nas súas dúas primeiras edicións, esta obra converteuse a partir da terceira nun completo tratado de síntese das investigacións, en particular as levadas a cabo pola escola paleográfica alemá.[11][12]
En 1899, Prou abandonou o Gabinete para exercer como profesor de Diplomática na École des chartes, despois do pasamento de Arthur Giry.[10] En 1916, a morte de Paul Viollet abriulle as portas para se ocupar interinamente dos cursos de Historia Institucional na École des Chartes, ata que se cubriu a cátedra en novembro de 1919.[13] Tamén en 1916 foi nomeado director da École des Chartes, en substitución do finado Paul Meyer,[14] cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1930.[15][16]
Prou desempeñou un papel importante no renacemento da historia xurídica e institucional a finais do século XIX. Foi durante moito tempo membro do consello de dirección da Sociedade de Historia do Dereito e do consello de dirección da Revue historique de droit.[17]
O seu interese pola arqueoloxía levouno a formar parte do Comité de Traballos Históricos de Francia.[3] Os seus estudos neste terreo centráronse fundamentalmente na datación de monumentos merovinxios, carolinxios e do primeiro románico.[10]
O 11 de febreiro de 1910 foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, adscrito á cátedra do helenista Henri Weil, e esta institución encomendoulle a publicación das actas reais carolinxias e dos primeiros capetos.[14] Tamén foi presidente da Sociedade Arqueolóxica de Sens, seguindo os pasos do seu avó, Jean-Louis Prou. En 1919 foi elixido membro da Academia Real de Ciencias, Letras e Belas Artes de Bélxica.[18] Tamén foi membro, entre outras, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e da Sociedade Francesa de Numismática.[3] Nesta última formou parte en 1930 da tríade de directores do seu órgano de expresión, a Revue numismatique.[19]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Maurice Prou contraeu matrimonio con Léontine Marie Marguerite Potier o 16 de abril de 1888 en París. Entre as testemuñas do matrimonio figuraba o seu amigo o numismático Anatole Chabouillet, daquela conservador xefe do Gabinete de Moedas e Medallas de París.[2]
Prou faleceu como consecuencia dunha doenza de varios meses o 4 de outubro de 1930 en Néris-les-Bains.[2][5][6][20]

Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 1898, Prou foi o primeiro autor que recibiu o premio Baron-de-Courcel, da Academia Francesa, pola publicación do seu libro La Gaule mérovingienne o ano anterior.[2][21][22]
- En 1908 foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra.[2]
- En 1921 acadou o grao de Oficial da Lexión de Honra.[2]
- Tamén foi nomeado Comendador da Orde de Leopoldo (Bélxica).[2][23]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]A maior parte do pensamento e do coñecemento histórico e numismático de Maurice Prou quedou plasmado nos seus moi numerosos artigos publicados en revistas científicas do seu tempo. Ademais, ao longo da súa traxectoria Prou publicou algúns traballos monográficos, entre eles os seguintes:[24][25][26]
- (1885). De Ordine Palatii (editor). Ecole des Hautes Etudes. París.
- (1888). Catalogue des monnaies mérovingiennes d'Autun. Dejussieu, Autun.
- (1888). Les registres d'Honorius IV. Thorin, París.
- (1890). Inventaire sommaire des monnaies mèrovingiennes de la collection d'Amècourt acquises par la Bibliothêque Nationale. Rollin et Feuardent, París.

- (1890). Manuel de paléographie latine et française (du vie au xviie siècle). 1ª edición. Picard, París.
- (1892). 2ª edición.
- (1910). 3ª edición (totalmente revisada).
- (1924). 4ª edición.
- (1890). Fabri de Peiresc et la numismatique Mérovingienne. E, Privat, Tolosa.
- (1892). Introduction au catalogue des monnaies mérovingiennes de la Bibliothèque nationale. Rollin et Feuardent, París.
- (1892). Catalogue des monnaies françaises de la bibliothèque nationale: les monnaies carolingiennes [I]. Rollin et Feuardent, París.
- (1896). Catalogue des monnaies françaises de la bibliothèque nationale: les monnaies carolingiennes [II]. Rollin et Feuardent, París.
- (1894). Étude sur les chartes de fondation de l'Abbaye de Saint-Pierre-le-Vif. Duchemin, Sens.
- (1897). La Gaule mérovingienne. Société Française d'Éditions d'Art, París. Paris.
- (1900). Catalogue des plombs de l'antiquité, du moyen âge et des temps modernes conservés au Départment des Médailles et Antiques de la Bibliothèuqe Nationale (con M. Rostovtsew). Rollin et Feuardent, París.
- (1907). Recueil des chartes de l'abbaye de Saint-Benoît-sur-Loire (con A. Vidier). Picard, París.
- (1908). Recueil des actes de Philippe 1er, roi de France. Imprimerie nationale, París.
- (1908). Catalogue des deniers Mérvingiens de la Trouvaille de Bais (Ille-et-Vilaine) (con Bougenot). Rollin et Feuardent, París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Maurice Prou". 'Bibliothèque nationale de France'.'
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Prou, Maurice". Agorha.inha.fr
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Prou, Jean Maurice". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
- ↑ "Prou, Maurice". Enciclopedia Treccani (Treccani.it).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Dussaud, R. (1930). Páxina 293.
- ↑ 6,0 6,1 "Maurice Prou". en Bibliothèque de l'École des chartes, 91 (1930). Páxina 381.
- ↑ Grand, R. (1930). Páxina 844.
- ↑ Hamelin, H. (2014).
- ↑ Véxase a sección "Escolma de publicacións".
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Dussaud, R. (1930). Páxina 294.
- ↑ Véxase referencia en "Escolma de publicacións".
- ↑ Muzerelle, D. (1988). "Un siècle de paléographie latine en France". En Petrucci, A.; Pratesi, A. Un Secolo di paleografia e diplomatica (1887-1986), per il centenario dell’Istituto di paleografia dell’Università di Roma. Gela, Roma. Páxinas 131-158
- ↑ Grand, R. (1930). Páxina 846.
- ↑ 14,0 14,1 Dussaud, R. (1930). Páxina 295.
- ↑ Grand, R. (1930). Páxina 848.
- ↑ Grand, R. (1930). Páxina 846.
- ↑ Grand, R. (1930). Páxina 845.
- ↑ Pirenne, H. (1930). Páxina 1.255.
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxina 47.
- ↑ Cagnat, R. (1932). Páxina 416.
- ↑ "Prix du baron de Courcel". Académie française (Academie-franáise.fr).
- ↑ "Maurice PROU". Académie française (Academie-franáise.fr).
- ↑ Pirenne, H. (1930).
- ↑ "Online Books by Maurice Prou". The Online Books Page.
- ↑ "Bibliographie numismatique de M. Prou". En Revue numismatique. Tomo 34. Páxina 115.
- ↑ "Prou, Maurice 1861-1930". Openlibrary.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maurice Prou ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Maurice Prou". en Bibliothèque de l'École des chartes, 91 (1930), Páxinas 381-389.
- Brunel, C. (1931). "Nécrologie: Maurice Prou (1861-1930)". En Annales du Midi. Tomo 43. Nº 170. Páxinas 236-237.
- Cagnat, R. (1932). "Notice sur la vie et les travaux de M. Maurice Prou". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Nº. 4. Páxinas 404-417
- Chapot, V. (1931). "Maurice Prou". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France. Páxina 69-72.
- Chartraire (1930). "Éloge funèbre de M. Maurice Prou". En Bulletin de la Société archéologique de Sens. 36-37. Páxinas 56-62
- Deshoulières, M. (1930). "Maurice Prou 1861-1930". En Bulletin Monumental. 89-3. Páxinas 569-571.
- Dieudonné, A. (1931). "Nécrologie: Maurice Prou". En Revue numismatique. Tomo 34. Páxinas 112-114.
- Dussaud, R. (1930). "Éloge funèbre de Maurice Prou, membre de l'Académie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Vol. 74. Nº4. Páxinas 293-296.
- G. T. (1930). "Maurice Prou". En Revue Archéologique. Tomo 32. Xullo-decembro. Páxinas 306-307.
- Grand, R. (1930). "Maurice Prou". En Revue historique de droit français et étranger. Páxinas 843-850.
- Hamelin, H. (2014). "Une expérience de l'École française de Rome: Maurice Prou". En Gras, M.; Poncet, O. (dir.). Construire l'institution, l'École française de Rome, 1873-1895. École française de Rome, Roma.
- Pirenne, H. (1930). "Maurice Prou (1861-1930)". En Revue belge de Philologie et d'Histoire. Vol. 3. Páxinas 1.253-1.255.
- Nados en 1861
- Finados en 1930
- Nados no departamento de Yonne
- Historiadores de Francia
- Numismáticos de Francia
- Alumnos da École des Chartes
- Profesores da École des Chartes
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Arquiveiros de Francia
- Medievalistas
- Paleografía
- Cabaleiros da Lexión de Honra