Saltar ao contido

Mauricio, emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mauricio, Emperador»)
Modelo:BiografíaMauricio, emperador

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Φλάβιος Μαυρίκιος Τιβέριος Αὔγουστος
(la) Flavius Mauricius Tiberius Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(el) Φλάβιος Μαυρίκιος Τιβέριος Αὔγουστος Editar o valor en Wikidata
539 Editar o valor en Wikidata
Arabisso (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 602 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Harbor of Eutropius (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, decapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de São Mamas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
14 de agosto de 582 – 27 de novembro de 602
← Tiberio IIFocas →
Emperador romano
Senador romano
Comandante
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo calcedonio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar, político, Emperador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino, Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército bizantino Editar o valor en Wikidata
Rango militarmagister militum per Orientem (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Excubitores (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoCampanhas de Maurício nos Balcãs (pt) Traducir
Avar–Byzantine Wars (en) Traducir
Guerra bizantino-sassânida de 572-591 (pt) Traducir
Guerra Civil Sassânida de 589–591 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa28 de novembro Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xustiniana Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConstantina (582–602) Editar o valor en Wikidata
FillosPetrus, Justinian, Anastasia, Cleopatra, Theoctista, Justin, Maria (filha de Maurício), Paulus, Teodósio, Tibério (filho de Maurício) Editar o valor en Wikidata
PaiPaulo (pai de Maurício) Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro
Górdia Editar o valor en Wikidata
ParentesCosroes II, xenro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1154743 WikiTree: Mauricus-1

Flavio Mauricio Tiberio Augusto ou Mauricio I (539 - novembro de 602) foi emperador de Bizancio de 582 a 602. Malia as súas excelentes calidades para o mando só puido diferir por un tempo a desintegración do grande imperio de Xustiniano I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixinario da rexión de Capadocia, Mauricio foi nomeado sucesor por Tiberio II unha semana antes de morrer (segundo parece, envelenado por un prato de amoras).

Pouco logo da súa subida ao trono, interveu na guerra de sucesión que enfrontaba aos membros da dinastía sasánida en Persia. O rei Hormisdas foi deposto e asasinado nun golpe de estado en 590, e o seu fillo, o futuro Cosroes II refuxiouse en territorio bizantino. Mauricio prestoulle axuda militar para recuperar o trono, o que logrou ao ano seguinte. A cambio da axuda bizantina, Persia cedeu ao imperio a Armenia persa e a Mesopotamia oriental, ademais de asinar un tratado de paz que se mantería durante todo o goberno de Mauricio.

Con todo, os eslavos e os ávaros devastaron durante o seu reinado a rexión dos Balcáns, atacaron Tesalónica (en 584 e 586), e chegaron nas súas incursións ata o Peloponeso. Mauricio dirixiu contra eles varias campañas, que tiveron éxito, pero deixaron exhaustos os recursos do Imperio. No oeste, organizou os exarcados de Rávena e de Cartago para a mellor defensa dos dominios bizantinos en Italia e no norte de África. A importancia que concedía aos territorios de Occidente faise evidente no testamento que redactou en 597, ao sentirse gravemente doente, no que legaba o goberno de Constantinopla ao seu primoxénito, Teodosio, en tanto que Tiberio, o seu segundo fillo, recibía o dominio de Italia e as illas occidentais, con sede en Roma.

Durante o reinado de Mauricio, o Imperio debeu soster guerras case interminábeis en todas as fronteiras. A escaseza de fondos ocasionou varios levantamentos militares: xa en 588 tivo lugar unha rebelión en Oriente por mor da redución das racións militares, e en 599 12.000 soldados bizantinos prisioneiros foron executados polos ávaros ao negarse o emperador a pagar un rescate. En 602, cando ordenou que o exército dos Balcáns pasase o inverno alén do Danubio, produciuse unha rebelión que terminou co reinado de Mauricio. Os soldados amotinados avanzaron cara a Constantinopla baixo o mando dun dos seus centurións, Focas. Mauricio creu que varios dos membros da súa familia o traizoaran, e ordenou deter ao seu fillo, Teodosio, e ao seu sogro, Xermano. Teodosio foi azoutado publicamente, e Xermano refuxiouse en Santa Sofía. Entón producíronse revoltas na cidade, e Mauricio, xunto coa súa esposa e os seus oito fillos, cruzou o Mar de Mármara e refuxiouse en Nicomedia. O seu fillo Teodosio fuxiu a Persia, ou, polo menos, un personaxe que pretendía ser Teodosio refuxiouse na corte de Cosroes II, quen aproveitaría posteriormente a situación para declarar a guerra ao Imperio Bizantino. Cando as tropas de Focas entraron na capital, enviouse de inmediato unha forza en busca de Mauricio, e tanto el como os seus catro fillos menores foron sumariamente executados e decapitados.

É tamén coñecido por ser o autor do tratado militar Strategikon, en doce libros, baseado na súa experiencia militar e considerado como a única obra de importancia sobre armas combinadas anterior á segunda guerra mundial. Segundo algúns autores, o tratado non é obra súa, senón dun dos seus xenerais.

O emperador Mauricio é venerado como santo na Igrexa Ortodoxa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Norwich, John Julius: Breve historia de Bizancio. Cátedra, 2000.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Imperio Bizantino

Segue a:
Tiberio II
Mauricio, emperador
Precede a:
Focas
Dinastía Xustiniana