Saltar ao contido

Mauricio Farto Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMauricio Farto Parra
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1867 Editar o valor en Wikidata
Santibáñez de Valcorba, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 1947 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX921646 BUSC: farto-parra-mauricio-1867-1947 Discogs: 5793218 Editar o valor en Wikidata

Mauricio Farto Parra, nado en Santibáñez de Valcorba (Valladolid) o 21 de setembro de 1867 e finado na Coruña o 23 de abril de 1947 foi un músico español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Farto era bisneto de galegos[1] e coñeceu a música tradicional galega a través dos soldados destinados na súa localidade natal. Os seus primeiros estudos musicais tiveron lugar na Coruña, onde ingresou na banda do Rexemento Zamora, dirixida por José Braña. Tras abandonar o exército empregouse na Audiencia Territorial, combinando esta actividade coa reparación de instrumentos musicais amais de labores de investigación e composición.

Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

A primeira formación que creou foi a rondalla Blanco y Negro. Posteriormente dirixiu a Coral El Eco e en 1916 fundou Cántigas da Terra, que dirixiu ata 1922. Ademais promoveu os coros Queixumes dos Pinos e Saudade. A maior parte das súas composicións inspiráronse na tradición popular galega, sobre a que investigou durante anos.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega e numerario da Academia Galega de Belas Artes, mais faleceu antes de ler o discurso de ingreso nesta última.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]