Saltar ao contido

Mauricio Wiesenthal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMauricio Wiesenthal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , ensaísta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webweb.archive.org… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX1121780

Mauricio Wiesenthal, nado en Barcelona en 1943, é un escritor español de orixe alemá (con ascendencia de Hamburgo) . É autor de novelas, ensaios, poemarios e biografías; ademais de varios traballos sobre temas enolóxicos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de Historia da Cultura na Escuela Superior de Comercio de Cádiz, catedrático no Centro Cultural do Viño de Barcelona e profesor convidado en diferentes universidades (Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Universidade de Deusto, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Barcelona, Universidade Francisco de Vitoria de Madrid, Universidade de Granada, Universidade Anáhuac de México) e institucións internacionais (Instituto Cervantes de París, Colexio de España en París). Colaborou en varias obras enciclopédicas (Diccionario Universal Salvat, Enciclopedia Danae, Enciclopedia Universitas) e dirixiu algunhas delas (Dicionario Enciclopédico Hachette; Viajar por Europa, Multibooks 1990; Orbis Wine Encyclopedia e Hachette-Salvat Wine Encyclopedia). Tamén escribiu numerosos libros sobre as culturas precolombinas de América (Yucatán y la civilización maya, Los dioses de Teotihuacán). Así mesmo, é autor de cincuenta guías e libros de viaxes (editados en inglés, francés, italiano e alemán) e algúns traballos de divulgación médica.

Premios[editar | editar a fonte]

Mauricio Wiesenthal foi galardoado coa Copa de Ouro dos Enólogos de Cataluña en 1992. En 2013 recibiu o Premio do Estado da Crítica ao mellor ensaio (Siguiendo mi camino), que destacaba “a forma de escribir do autor, dende a sensibilidade e o desenfado, tan pouco habitual no xénero, evitando a pedantería e a xeada erudición. O seu estilo moi persoal e as súas abundantes referencias autobiográficas, non exentas de lexítima fantasía, permiten que o que comeza a parecer un cancioneiro íntimo acabe revelándose como unha asombrosa mirada á vida e á beleza.

En 2015 foi galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes de España. E en febreiro de 2016 foi galardoado co I Premio Cultural Ambito Revista Occidental, destinado a "recoñecer o traballo dunha personalidade relevante na cultura española e internacional".


Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Desde la Historia, Jerez Industrial, 1965 (ensaio, historia).
  • Perú, Geocolor, 1976, Grijalbo 1977 (viaxes).
  • Yucatán y la civilización maya, Geocolor, 1978 (ensaio, viaxes).
  • The Belle Époque of the Orient-Express, Geocolor, 1979 (viaxes).
  • Los dioses de Teotihuacán, Geocolor, 1979 (ensaio, viaxes).
  • Historia de la Fotografía, Salvat, 1979 (historia).
  • Spain Today, Geocolor 1979, (ensaio).
  • Tesoros de la pintura española, Geocolor, 1979 (arte).
  • Italia, Ediciones Castell, 1981 (ensaio, viaxes).
  • Alemania, Ediciones Castell, 1981 (ensaio, viaxes).
  • Suiza, Ediciones Castell, 1982 (ensaio, viaxes).
  • Imagen de España, Salvat, 1984 (ensaio).
  • Suñer, Editorial Ausa, 1984 (ensaio sobre o pintor Francisco Suñer).
  • Extravagancias, delirios, desvaríos, Scientific Communication Management, 2004 (psicoloxía, historia da Medicina)
  • El esnobismo de las golondrinas, Edhasa, 2007 (narración, viaxes).
  • Siguiendo mi camino, Acantilado, 2013 (biografía, ensaio).
  • Marrakech, fantasía en el palmeral, Editorial Trifolium, 2016 (narración).
  • La hispanibundia. Retrato español de familia, Acantilado, 2018 (ensaio, historia).
  • Orient-Express. El tren de Europa, Acantilado, 2020 (narración, viaxes).
  • El derecho a disentir, Acantilado, 2021 (ensaio).
  • Las reinas del mar. Memorias de una vida aventurera, Acantilado, 2024 (narración, viaxes).

Biografías[editar | editar a fonte]

  • Libro de Réquiems, Edhasa, 2004 (narración, biografías).
  • El viejo León, Tolstoi, un retrato literario, Edhasa, 2010 (biografía, ensaio).
  • Rainer Maria Rilke, el vidente y lo oculto, Acantilado, 2015 (biografía, ensaio).
  • Appassionata (Beethoven, Mozart, Liszt), Edhasa, 2020 (biografías, ensaio).
  • Suite romántica (Goethe, Byron, Walter Scott), Edhasa, 2020 (biografías, ensaio).
  • Sonata humanista (Nietzsche, Stefan Zweig, Albert Camus), Edhasa 2021 (biografías, ensaio).
  • Concierto para libertinos (Balzac, Casanova, D.H. Lawrence, Libertinos en Capri y Taormina), Edhasa 2021 (biografías, ensaio).

Novelas[editar | editar a fonte]

  • El testamento de Nobel, Ediciones Hymsa, 1985 (novela).
  • Luz de Vísperas, Edhasa, 2008 (novela).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Chandala Sutra, Altafulla, 2004 (poesía).
  • Perdido en Poesía, Ediciones de la Isla de Siltolá, 2013 (poesía).

Enoloxía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario del Vino, Salvat, 2001 (enoloxía).
  • El Gran Libro del Vino, Salvat, 2002 (viticultura y enoloxía).
  • La cata de Vinos, Alba Editorial, 2005 (ensaio).

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Orient-Express, en Viaggi d'autore, Touring Club Italiano, 2002 (Antoloxía de textos de Graham Greene, Agatha Christie, Ian Fleming, Mauricio Wiesenthal e outros).
  • Primera Antología de Poesía Española Contemporánea, Ediciones de La Isla de Siltolá 2011.
  • El barrio negro de Shalimar (cuento), en "Trentacuentos", Casabierta Editorial, 2008.
  • Bohemia y literatura, Renacimiento, 2011.

Prólogos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]