Saltar ao contido

Max Fürbringer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMax Fürbringer

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMax Carl Anton Fürbringer
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1846 Editar o valor en Wikidata
Lutherstadt Wittenberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1920 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMedicina, Doutor en Ciencias Naturais
EducaciónUniversidade de Jena, Universidade Humboldt de Berlín
Actividade
Lugar de traballo Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, profesor universitario, anatomista, ornitólogo, paleontólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Ámsterdam, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Faculteit der Geneeskunde (en) Traducir (1879–1888)
Universidade de Jena
Universidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaFürbringer Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPaul Fürbringer Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase o texto

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.76-77)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Max Carl Anton Fürbringer, nado o 30 de xaneiro de 1846 en Wittenberg, Reino de Saxonia e finado o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg, foi un anatomista alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fürbringer comezou a estudar Ciencias Naturais en Jena, estudos que continuou en Berlín, doutorándose alí en 1869 cunha tese sobre Zooloxía. Desempeñando un posto de axudante de Karl Gegenbaur en Jena, este animouno a estudar Medicina. En 1873 aceptou unha chamada da Universidade de Heidelberg, onde foi habilitado para imparir docencia en Anatomía en 1877, e foi nomeado profesor asociado en 1879.

En 1879 foi nomeado profesor titular en Ámsterdam, e en 1888 recibiu a cátedra de Anatomía da Universidade de Jena. En 1901 foi nomeado director do Instituto Anatómico da Universidade de Heidelberg.[1]

En 1881 foi elixido membro da Leopoldina.[2]

Publicou os seus estudos de anatomía comparada en Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel, 1888.

Describiu, entre outros taxons, a orde dos podicipediformes e a suborde dos anguimorfos.

En 1912 retirouse e morreu o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg.

Principais obras

[editar | editar a fonte]
  • Die Knochen und Muskeln der Extremitäten bei den schlangenähnlichen Sauriern, 1870.
  • Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel (2 volumes), 1888.
  • Zur Entwicklung der Amphibienniere, 1877.
  • Über die occipitalen Nerven d. Selachier und Holocephalen und ihre vergleichende Morphologie en der Festschrift für Carl Gegenbaur III, 1897, pp. 351-768.
  • Zur Systematik und Genealogie der Reptilien, Beitrag, 1900.
  • Zur Frage der Abstammung der Säugetiere, 1904.
  • Die spino-occipitalen Nerven.
  • Zur vergleichenden Anatomie der Schultermuskeln und des Brustschulterapparates.
  • Morphologische Streitfragen.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Foi membro das Academias:

  • Leopoldina
  • Academia Prusiana das Ciencias
  • Academia de Ciencias de Baviera
  • Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos
  • Academia de Ciencias e Humanidades de Heidelberg

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Fürbringer emprégase para recoñecer a Max Fürbringer como autoridade na desrición e taxonomía en zooloxía.

  1. L. K. Nyhart (2003): "The importance of the "Gegenbaur school" for German morphology". En: Theory in Biosciences 122: 162–173.
  2. Max Fürbringer Arquivado 17 de maio de 2021 en Wayback Machine. na páxina web da Leopoldina.