Saltar ao contido

Maximiliano Comesaña Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaximiliano Comesaña Pérez
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Priegue, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Coruxo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7999

Maximiliano Segundo Comesaña Pérez, coñecido como Sapo, nado en Priegue (Nigrán) o 30 de decembro de 1912 e finado en Coruxo o 10 de xaneiro de 1937, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Salvador Comesaña, natural de Coruxo, e de Rosa Pérez Valverde, de Priegue. Gañaba a vida como mariñeiro en Priegue. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación e a de Francisco Misa Aballe, José Misa Rodríguez, Juan Manuel Salgueiro Rial, José Fernández Fernández, Benigno Benavides Álvarez, Victorino Hermida Misa e Enrique Giráldez Piña o 24 de agosto.[1] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro con Benigno Benavides Álvarez e José Puentes Méndez.[2] Segundo Carlos Méixome, foi detido e paseado, rexistrado morto en Vigo como Maximino Comesaña Lago, a causa de hemorraxia cerebral por disparo de arma de fogo.[3] O cadáver apareceu no Camiño de Fragoselo a Tintoreira (Coruxo).

  1. El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3.
  3. Maximino “O Sapo”

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]